
[16/05/2022]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta, Jacobo Sutil, visitou hoxe en Ourense o equipo do filme de terror 13 Exorcismos no set instalado no colexio CEIP de Prácticas, unha das numerosas localizacións da cidade das Burgas nas que se está a desenvolver a filmación desta produción encabezada pola compañía Bambú Producciones xunto con Atresmedia Cine e Mr Fields & Friends. O Goberno autonómico impulsou a súa gravación en Galicia cunha subvención de 350.000 euros a través da primeira quenda do fondo de atracción de rodaxes do Hub Audiovisual da Industria Cultural, un dos grandes proxectos da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para o trienio 2021-2023. [+]
[15/05/2022]
A coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) con Ainé Producións e o Concello da Coruña arredor da figura de María Casares, Continente María, estréase mañá na cidade herculina no marco da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios promovida pola Xunta en colaboración coas administracións locais. A peza lévase a escena coa compañía A Quinta do Cuadrante e forma parte da axenda conmemorativa impulsada polo Goberno galego co gallo do centenario da actriz. A función inaugural terá lugar no Teatro Rosalía Castro ás 20,30 horas. [+]
[12/05/2022]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil, acompañou hoxe a organización da Mostra de Cinema Periférico (S8) na presentación da súa 13ª edición, que terá lugar do 27 de maio ao 5 de xuño en diferentes localizacións da cidade da Coruña. O evento, consolidado xa como unha das citas de referencia arredor do cinema experimental, volve atoparse entre a listaxe de certames subvencionados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través da súa liña de axudas para festivais audiovisuais, que este ano distribúe 210.000 euros entre 11 citas. [+]
[11/05/2022]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases para a selección dos proxectos emprendedores que recibirán o impulso do Polo de aceleración do sector dos videoxogos, que a Xunta acaba de poñer en marcha ao abeiro do seu Hub Audovisual da Industria Cultural. A asociación Videoxogo.gal será a encargada de xestionar as diferentes accións deste novo programa, de acordo co convenio de colaboración asinado recentemente coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade por importe de 360.000 euros. [+]
[10/05/2022]
O Festival Internacional de Títeres de Redondela Memorial Juanjo Amoedo anunciou hoxe a programación completa da súa 23ª edición, que do 12 ao 17 de maio ofrecerá un intenso programa con máis de 60 funcións e actividades complementarias arredor do teatro de monicreques. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil, participou nesta presentación xunto aos representantes da organización, do Concello redondelán e doutras entidades colaboradoras nesta mostra, que nos últimos anos vén contando co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través do programa anual de subvencións a festivais de artes escénicas e de música. [+]Avisos
AXUDAS AGADIC 2022
-Subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura
-Subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada: adxudicación
-Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais: convocatoria
-Subvencións a festivais do sector audiovisual: adxudicación
-HUB AUDIOVISUAL DA INDUSTRIA CULTURAL: Instrucións detalladas relativas ás obrigas de publicidade
CIRCUÍTOS DE ESPECTÁCULOS
-Cultura no Camiño 2022: inscrición de espectáculos e concertos ata o 20 de maio
DANZA
GALICIA ESCENA PRO 2022
Carteleira
Vídeos
Olladas
|
|
|