O CGAI trae por primeira vez a España a obra cinematográfica do pintor luso Luís Noronha da Costa
[17/01/2017]
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) trae por primeira vez a España a obra fílmica do pintor Luís Noronha da Costa, a partir deste xoves 19 de xaneiro, en tres sesións comisariadas pola Asociación Lumière e programadas na sede da filmoteca na Coruña en colaboración coa Cinemateca Portuguesa.  [+]
O CDG reactiva o programa de residencias no Salón Teatro co proxecto 'Política de terra queimada'
[16/01/2017]
O espectáculo ‘Política de terra queimada’, da compañía galega Santa Nómina, ocupará durante toda esta semana o escenario do Salón Teatro de Santiago de Compostela, onde desenvolverá catro xornadas de residencia que culminarán con tres representacións diante do público o sábado ás 20.30 h e o domingo ás 18.00 h.  [+]
Galicia acollerá en xuño o primeiro encontro internacional 'Conecta Fiction' do sector televisivo
[12/01/2017]
Galicia será a sede do 21 ao 23 de xuño do encontro internacional Conecta Fiction, primeiro evento dedicado á ficción televisiva que conectará Europa con América Latina e Estados Unidos. A Xunta, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o ICEX España Exportación e Inversiones e a Fundación SGAE promoven esta iniciativa. [+]
 O CDG presenta en Santiago a súa coprodución 'O conto de inverno' con Teatro Oficina de Portugal
[11/01/2017]
O programa de coproducións do CDG 2016-2017 achega a Santiago unha versión contemporánea de ‘O conto de inverno’ Shakespeare, que sitúa a acción entre os reinos de Galicia e Portugal. A compañía de Guimarães Teatro Oficina encabeza esta produción na que tamén participan a Mostra de Teatro de Ribadavia e o Teatro Aveirense. [+]
A Agadic apoia a organización dos Premios Mestre Mateo do audiovisual, que se entregarán o 4 de marzo
[09/01/2017]
A Axencia Galega das Industrias Culturais volve apoiar a Academia Galega do Audiovisual (AGA) na organización dos Premios Mestre Mateo e dunha serie de actividades paralelas para reforzar o papel destes galardóns, que en 2017 celebran o seu 15º aniversario, como instrumento de proxección social da industria galega do cinema e da televisión.  [+]

   Olladas