A Agadic apoia o festival Play-Doc de Tui para organizar unha nova edición máis longa e intensa
[19/04/2018]
O Festival Internacional de Documentais Play-Doc de Tui presentou hoxe a súa décimo cuarta edición, que terá lugar do 26 de abril ao 1 de maio, intensificando a súa programación tanto en días de celebración como de actividades e filmes de estrea, entre outras novidades. [+]
A Masterclass do Audiovisual Galego AuGAL clausura a súa sétima edición, na que participaron 200 alumnos
[18/04/2018]
AuGAL celebrou hoxe a clausura da súa sétima edición, que se vén desenvolvendo desde novembro na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra. A Agadic colabora coa Universidade de Vigo na organización da Master Class Audiovisual, que durante este curso foi seguido por un alumnado de 200 persoas.  [+]
O CDG inicia mañá os Encontros co Público do equipo do espectáculo 'Divinas Palabras Revolution'
[18/04/2018]
O CDG retoma as funcións para público xeral da súa nova produción propia, Divinas Palabras Revolution, que pode verse de xoves a domingo, ata o 29 de abril, no Salón Teatro de Santiago. Mañá terá lugar o primeiro dos dous Encontros co Público, durante o que os espectadores que asistentess poderán intercambiar impresións co equipo.  [+]
A Agadic retoma a colaboración co ciclo Galicia Importa, que arranca este xoves co concerto de Asaf Avidan
[17/04/2018]
A Agadic retoma a súa colaboración co ciclo de música Galicia Importa que, despois de varios anos, regresa aos escenarios galegos de novo baixo a organización da produtora Sweet Nocturna. O primeiro concerto desta nova etapa será o que o músico israelí Asaf Avidan ofrecerá este xoves 19 na Sala Capitol de Santiago de Compostela. [+]
O CGAI dedícalle unha retrospectiva ao cineasta sueco Ingmar Bergman no seu centenario
[16/04/2018]
O CGAI-Filmoteca de Galicia acolle dende mañá e ata finais de 2018 unha retrospectiva case completa do realizador sueco Ingmar Bergman para celebrar o centenario do seu nacemento. O máis recoñecido dos autores escandinavos conta cunha extensa filmografía na que figuran títulos esenciais da historia do cine como O sétimo selo ou Amorodos salvaxes.  [+]

   Olladas