A Xunta apoia o Clúster Audiovisual na consolidación do 'Pitching I+P' como plataforma de proxectos para cine e televisión
[23/11/2017]
A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), colabora na undécima edición do pitching I+P Ideas para producir, que se está a desenvolver hoxe en Santiago de Compostela baixo a organización do Clúster Audiovisual Galego (Clag). [+]
 A Rede Galega de Música ao Vivo duplica o seu orzamento anual no inicio dunha nova etapa con 23 salas
[22/11/2017]
A Agadic destina 185.000 euros á programación de 2018 da Rede Galega de Música ao Vivo, cun aumento do 105% respecto a 2017. Este incremento favorece o inicio dunha nova etapa, con 23 salas seleccionadas tras unha convocatoria de admisión e unha revisión das súas normas de funcionamento para reforzar os estándares de profesionalidade. [+]
Cultura programa tres ciclos de cine arredor do medievo para lle achegar ao público o tempo de Martín Códax
[21/11/2017]
A Consellería de Cultura e Educación presentou hoxe unha programación de tres ciclos de cine cunha temática común: o medievo. Con VindeCine. O tempo de Martín Códax a través do audiovisual, continúan as actividades da exposición Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas, que recibiu xa 11.847 visitas no Museo Mar de Galicia, en Vigo. [+]
 A feira Culturgal celebra o seu décimo aniversario con máis de 130 actividades e 120 expositores
[20/11/2017]
Culturgal desvelou hoxe o programa completo do seu décimo aniversario, que se desenvolverá en Pontevedra do 1 ao 3 de decembro. O Pazo da Cultura será o escenario de máis de 130 actividades pofesionais e para o público, ademais de acoller 120 expositores nun recinto feiral que volverá propiciar a mediación entre empresas, institucións e cidadanía. [+]
O Centro Coreográfico coproducirá os novos espectáculos de La Macana, Pisando Ovos e SóLODOS
[16/11/2017]
O Centro Coreográfico Galego coproducirá os novos espectáculos de La Macana, Pisando Ovos e SóLODOS, as tres compañías seleccionadas para participar no programa de coproducións 2017-2018 da unidade de danza da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).  [+]

Carteleira

<<   Xaneiro 2017   >>
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 

 [25-novembro-2017]

MAGO DEIMI
Cervo

 [25-novembro-2017]

A XANELA DO MAXÍN
Santiago de Compostela

 [25-novembro-2017]

REDRUM PRODUCCIONES
Ourense

Catálogos interactivos

Films from Galicia
Shorts from Galicia
Longametraxes e series
(pdf, 5.6 MB)
Curtametraxes
(pdf, 757 KB)

Galería

Vídeos

   Olladas