
[04/03/2021]
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe na Cidade da Cultura o lanzamento de REGA: Residencias artísticas no Gaiás, o novo programa da Xunta de Galicia para impulsar a creación artística. A través desta liña de traballo, a Cidade da Cultura porá os seus espazos, recursos e equipos técnicos ao servizo de creadores de dentro e fóra da nosa Comunidade que acudirán ao Gaiás para desenvolver os seus proxectos culturais.
[+]
[03/03/2021]
A Xunta promove ata xuño 29 actuacións escénicas e musicais na área de Vigo, no marco da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA). As funcións organizadas en colaboración cos concellos desenvolveranse en Tui, Tomiño, Cangas, Redondela, Gondomar e Ponteareas. A carteleira con todas as funcións e horarios pódese consultar no web de Cultura de Galicia e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
[+]
[03/03/2021]
A preestrea do filme Nación, da directora luguesa Margarita Ledo Andión, abre este venres na Coruña a nova edición do ciclo Olladas de Muller, organizado polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) en colaboración co Consello da Cultura Galega. A través desta iniciativa, enmarcada na programación cultural da Xunta de Galicia no marco do Día Internacional da Muller, proxectaranse ata o 12 de marzo seis filmes de diferentes nacionalidades feitos por e sobre mulleres. A entrada é de balde. [+]
[02/03/2021]
A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e a Fundación Paideia Galiza organizan o V Ciclo de Xornadas de Industrias Musicais baixo o título Amplificando o directo: novos escenarios na contorna dixital. As citas, programadas para os sábados 13 de marzo, 17 de abril e 8 de maio, abordarán as posibilidades dos medios dixitais para o desenvolvemento das carreiras de artistas que emprenden no sector musical. [+]
[01/03/2021]
A Xunta vén de abrir o proceso de participación cidadá na creación do Plan Integral para a Danza de Galicia, co que se pretende dar resposta aos principais retos do sector, así como sentar a base para o desenvolvemento de actuacións e medidas de mellora consensuadas. Deste xeito, a web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica hoxe un formulario participativo a través do que todas as persoas interesadas poderán realizar suxestións sobre o sector cultural da danza nun prazo de 20 días naturais contados a partir de mañá. [+]Avisos
AXUDAS AGADIC 2021
-Subvencións a festivais do sector audiovisual
CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO
DANZA
-Plan Integral para a Danza de Galicia: prazo de participación pública
-Residencias Paraíso 2021 para danza e artes vivas: convocatoria
FONDO DE PROXECTOS CULTURAIS XACOBEO 2021
-Segunda convocatoria do Fondo X21: webinario de presentación, 6 de marzo
PLAN DE REACTIVACIÓN FRONTE Á CRISE DA COVID-19
-Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19
Carteleira
Vídeos
Olladas
|
|
|