A Xunta ofrece ata xuo 19 actuacins escnicas nos espazos da provincia de Ourense membros da Rede Galega de Teatros e Auditorios
[19/01/2022]
A Xunta ofrece ata xuño 19 actuacións escénicas na provincia de Ourense a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), das que sete terán lugar na capital provincial, outras tantas no Barco de Valdeorras, catro no Carballiño e unha na Rúa. A programación deste circuíto cultural para o primeiro semestre de 2022, organizada en colaboración coa Deputación de Ourense e cos respectivos concellos, arranca esta fin de semana na capital ourensá coa peza de teatro inmersivo Moria. [+]
A Xunta ofrece 12 actuacins escnicas en Santiago neste semestre a travs da Rede Galega de Teatros e Auditorios
[19/01/2022]
A Xunta ofrece 12 actuacións escénicas en Santiago de Compostela neste semestre a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA). Deste total, 11 serán funcións teatrais de seis espectáculos e unha, de danza. A programación deste circuíto cultural no Teatro Principal, organizada en colaboración co Concello, arranca este venres día 21 ás 20,30 horas co espectáculo El dios del pop, a cargo de Diego Anido. [+]
O Centro Dramtico Galego estrea a sa primeira producin do ano, 'A peste', unha reflexin sobre o comportamento humano en situacins de crise
[18/01/2022]
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe en Santiago de Compostela a primeira estrea da nova temporada do Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta, prevista para este xoves 20 de xaneiro. Trátase de A peste, inspirada na novela homónima de Albert Camus, con dramaturxia e dirección de Cándido Pazó e que conta cun dos maiores elencos dos últimos anos ao sumar 15 intérpretes.  [+]
Arranca a rodaxe da serie galego-portuguesa 'Motel Valkirias', cofinanciada pola Xunta
[17/01/2022]
A serie galego-portuguesa Motel Valkirias iniciou hoxe a súa rodaxe cunha primeira xornada de filmación no set instalado no Hotel Congreso de Teo, onde o equipo recibiu a visita do director a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil. A Xunta de Galicia cofinancia o proxecto cunha achega de máis de 250.000 euros á compañía compostelá CTV, que coproduce esta ‘dramedia’ transfronteiriza xunto á lusa SPi. [+]
Finaliza na Costa da Morte a rodaxe de 'Sica', a nova producin de Miramemira subvencionada pola Xunta
[12/01/2022]
O Cemiterio dos Ingleses, no concello de Camariñas, foi hoxe o escenario dunha das últimas sesións de rodaxe do filme Sica, que se desenvolve desde primeiros de decembro en diferentes localizacións da Costa da Morte. O equipo da película recibiu alí a visita do director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, quen coñeceu de primeira man o proceso de filmación desta coprodución galego-catalá, para a que a compañía Miramemira conta cunha axuda da Xunta de máis de 250.000 euros a través da última convocatoria de subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego. [+]

   Olladas