O dúo Mofa e Befa ofrece en Santiago catro funcións de 'Cranios privilexiados' no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios
[18/01/2018]
O Teatro Principal de Santiago acolle a vindeira semana catro funcións de Mofa e Befa con Cranios privilexiados ou crítica da razón perralleira, a última proposta escénica do dúo que integran Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira. As representacións, que terán lugar do 24 ao 27 de xaneiro, forman parte do programa da Rede Galega de Teatros e Auditorios.  [+]
A Agadic ofrece 53 actuacións en cinco locais escénicòs a través da nova carteleira da Rede Galega de Salas
[18/01/2018]
A Axencia Galega das Industrias Culturais da Consellería de Culura e Educación promove durante este semestre 53 actuacións nos cinco espazos escénicos que conforman a súa Rede Galega de Salas: Teatro del Andamio e Sala Gurugú da Coruña, Sala Ingrávida do Porriño, Fundación SGAE de Santiago de Compostela e Teatro Ensalle de Vigo.  [+]
O CGAI dedícalle esta semana un ciclo ao cineasta de vangarda Teo Hernández
[17/01/2018]
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI–Filmoteca de Galicia), da Consellería de Cultura e Educación, acolle os próximos venres 19 e sábado 20 na súa sede da Coruña un pequeno ciclo dedicado ao mexicano Teo Hernández, que inclúe un total de cinco filmes asinados por este reputado cineasta da vangarda francesa.  [+]
Cincuenta e catro actrices e actores participan nas audicións do CDG para o espectáculo 'Divinas palabras'
[16/01/2018]
O CDG desenvolve esta semana as probas de interpretación para seleccionar parte do elenco de Divinas palabras, de Valle-Inclán. Cincuenta e catro intérpretes (30 actrices e 24 actores) participan nas audicións para sete dos nove personaxes da primeira versión en galego desta “traxicomedia de aldea”, como a subtitulou o seu autor. [+]
A Agadic colabora coa Federación de Cineclubes na organización de 24 ciclos e semanas de cine en 16 localidades
[15/01/2018]
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Educació  apoia un ano máis a Federación de Cineclubes de Galicia (Feciga) no desenvolvemento dunha ampla programación nos seus cineclubs asociados, que durante 2018 teñen previsto organizar 24 ciclos e semanas de cine en 16 localidades. [+]

   Olladas