A Consellería de Cultura aposta polo audiovisual galego coa proxección do ciclo 'Vai de cine'
[10/12/2017]
A Cidade da Cultura de Galicia celebrará, en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o ciclo Vai de cine, nunha clara aposta da Consellería de Culturae  Educación pola produción audiovisual galega máis recente e tamén máis premiada coa proxección os días 15, 16 e 17 de El desconocido, María y los demás e Mimosas. [+]
A Xunta apoia a promoción internacional de dez filmes galegos en festivais de prestixio
[07/12/2017]
Dez produtoras galegas son as adxudicatarias este ano das subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para a promoción e difusión do cinema galego en festivais de prestixio celebrados fóra de Galicia. [+]
 Román Rodríguez sinala o Culturgal como unha iniciativa para contruír país
[01/12/2017]
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou este mediodía na inauguración da décima edición do Culturgal, a principal feira en materia de cultura de Galicia, que se celebra desde hoxe ata o domingo 3 no Pazo da Cultura da cidade de Pontevedra. [+]
O Salón Teatro pecha 2017 con circo, propostas contemporáneas e espectáculos infantís
[30/11/2017]
O Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego (CDG) en Santiago de Compostela, inicia mañá a súa programación de decembro, que ofrece unha quincena de citas nas que hai cabida para o circo, as últimas tendencias escénicas e o teatro infantil. Esta última carteleira do ano arrancará mañá, ás 20,30 h., con Möbius, do malabarista Miguel Gigosos.  [+]
O programa do colectivo RPM e Agadic 'Residencias Paraíso' preséntalle ao público os seus oito proxectos
[29/11/2017]
O programa Residencias Paraíso, organizado polo Colectivo RPM co apoio da Agadic para impulsar a investigación e a creación arredor das artes do movemento, preséntase hoxe ao público a través dun encontro que reúne os axentes implicados nesta iniciativa: as dúas entidades promotoras, os espazos escénicos e os artistas dos oito proxectos apoiados. [+]

Carteleira

<<   Febreiro 2017   >>
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
 
 
 

 [12-decembro-2017]

ESPECIAL JUAN SOTO
A Coruña

 [12-decembro-2017]

ROSA DE AREIA
A Coruña

 [13-decembro-2017]

O SANGUE
A Coruña

Catálogos interactivos

Films from Galicia
Shorts from Galicia
Longametraxes e series
(pdf, 5.6 MB)
Curtametraxes
(pdf, 757 KB)

Galería

Vídeos

   Olladas