O galego escitase por vez primeira en Cannes coa estrea do filme de Oliver Laxe 'O que arde', producido co apoio da Xunta
[21/05/2019]
A lingua galega escoitouse por vez primeira desde as pantallas de cinema do Festival de Cannes na estrea este mediodía da película de Oliver Laxe O que arde, coa que foi seleccionado para competir na sección Un Certain Regard, que o certame francés lle dedica a obras con olladas cinematográficas orixinais e diferentes.  [+]
Galicia Escena PRO 2019 reforza as posibilidades de intercambio teatral con Madrid, Cantabria e Pas Vasco
[20/05/2019]
A sétima edición de Galicia Escena PRO inclúe no seu programa tres espectáculos procedentes de Madrid, Cantabria e País Vasco dentro das vías de colaboración abertas tanto con MADferia como co proxecto Camiño Escena Norte. Trátase das propostas de Rotura Producciones, Café de las Artes Teatro e Hortzmuga Teatroa, que compartirán cartel cos 17 espectáculos galegos e os 10 proxectos en formato pitching seleccionados para esta nova entrega do evento que promove a Consellería de Cultura e Turismo, baixo a organización compartida entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a asociación profesional Escena Galega. [+]
O CDG abre os camerinos, as oficinas e a biblioteca da sa sede para a terceira edicin do ciclo Teatro Ob-sceno
[16/05/2019]
O Centro Dramático Galego (CDG) organiza por terceiro ano consecutivo o programa Teatro Ob-sceno, un ciclo de accións escénicas curtas a través do que abre para a exhibición artística diferentes estancias da súa sede do Salón Teatro de Santiago, todas elas fóra do escenario. Neste caso, os camerinos, as oficinas e a biblioteca acollerán as seis pezas desta edición, que se desenvolverá nas dúas vindeiras fins de semana. [+]
O ciclo Danza 3 inicia ma con Cantigas e Agarimos en Noia unha viaxe que levar o baile e a msica tradicionais a 12 concellos
[16/05/2019]
A Consellería de Cultura e Turismo ofrece mañá, Día das Letras Galegas, a actuación de Cantigas e Agarimos ás 12,00 h. na alameda de Noia, primeira das doce citas da nova edición do ciclo Danza 3, organizado a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para a difusión do baile e a música tradicionais de Galicia. [+]
A Xunta e a editorial Dos Acordes publican as partituras para piano de Andrs Gaos 'Aires galegos' e 'Novos aires galegos'
[16/05/2019]
A Xunta de Galicia e a editorial viguesa Dos Acordes amplían o catálogo de partituras da colección Ars Gallaeciae Musicae coa publicación de Aires galegos eNovos aires galegos, volume no que se recollen estas dúas pezas para piano compostas por Andrés Gaos en 1905 e 1914, editadas agora con transcrición e revisión a cargo do mestre Joám Trillo.   [+]

   Olladas