A Xunta traballa coas principais asociacins profesionais de msica nas accins fronte ao impacto do Covid-19 no sector
[01/04/2020]
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantivo unha xuntanza por videoconferencia cos representantes de cinco das principais asociacións profesionais de música de Galicia, no marco dos contactos que a Xunta está a manter con entidades e institucións culturais para avaliar o impacto no sector da crise sanitaria do Covid-19 e deseñar un paquete de medidas para lles facer fronte aos seus efectos. [+]
A Xunta prepara un paquete de medidas para paliar os efectos do coronavirus na cultura preservando a actividade e o emprego
[30/03/2020]
A Xunta de Galicia está a preparar un amplo paquete de medidas específicas dirixidas a paliar os efectos da crise sanitaria provocada polo coronavirus Covid-19 no sector cultural galego, coa finalidade de preservar a actividade e o emprego das industrias culturais, garantir o cumprimento das programacións previstas e estimular o consumo cultural ao remate do actual estado de alarma.  [+]
A Agadic colabora con Estudios Mans nunha nova edicin do concurso Sonidos Mans para bandas emerxentes
[26/03/2020]
A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), volve colaborar con Estudios Mans, da Fundación Paideia Galiza, no seu concurso Sonidos Mans para bandas emerxentes españolas que non teñan editado nin distribuído traballos de xeito comercial. Os grupos interesados en participar teñen de prazo ata o 27 de abril para presentar un tema orixinal a través da web www.sonidosmans.com. [+]
[16/03/2020]
De acordo coas últimas medidas preventivas adoptadas pola Xunta de Galicia como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 e tendo en conta, así mesmo, a declaración do estado de alarma por parte do Goberno español, actualizamos as que lle afectan directamente ao sector das industrias culturais: [+]
[13/03/2020]
En adopción das medidas preventivas en materia de saúde pública como consecuencia do coronavirus COVID-19, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo informa de que os seus dous espazos con programación cultural (Salón Teatro en Santiago de Compostela e CGAI na Coruña) suspenden a súa actividade pública ata novo aviso. [+]

   Olladas