Marcelo Expósito, Luis López Carrasco e Álvaro Orús presentan os seus traballos no CGAI con cadanseu coloquio co público
[21/01/2021]
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) contará co artista Marcelo Expósito e cos cineastas Luis López Carrasco e Álvaro Orús para os seus tres próximos coloquios cinematográficos, nos que a cinemateca da Xunta lle ofrece ao público a oportunidade de compartir impresións cos autores das fitas que exhibe na súa sede da Coruña. [+]
Román Rodríguez sitúa a serie internacional '3 Caminos' como 'a gran aposta audiovisual da Xunta para o Xacobeo 2021'
[20/01/2021]
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou hoxe na rolda de prensa de presentación da serie 3 Caminos que se estreará o vindeiro 22 de xaneiro e que levará os valores do Camiño de Santiago en 240 territorios de man de Amazon Prime Video. Trátase dun proxecto da produtora galega Ficción Producciones, que conta co apoio do Goberno autonómico a través dunha achega de 1,5M€ e que reflicte, tal e como salientou o titular de Cultura da Xunta, o bo momento que está a vivir o sector audiovisual galego. [+]
Feijóo refírese a '3 Caminos', a primeira serie internacional sobre o Camiño de Santiago e a gran produción audiovisual do Xacobeo 2021-2022, como 'a mellor carta de presentación de Galicia'
[19/01/2021]
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe á serie 3 Caminos, a primeira serie internacional sobre a ruta xacobea e a gran produción audiovisual do Xacobeo 2021-2022, como “a mellor carta de presentación de Galicia”. Durante a estrea, Feijóo resaltou que para configurar esta ficción, que narra a historia de cinco mozos peregrinos procedentes de todo o mundo, contouse cun elenco multicultural: Álex González, Verónica Echegui, Cecilia Suárez, Anna Schimrigk, Andrea Bosca e Alberto Jo Lee.  [+]
O CDG  programa no Salón Teatro representacións especiais de 'O charco de Ulises' de atención á diversidade funcional
[19/01/2021]
O Salón Teatro de Santiago de Compostela retoma mañá O charco de Ulises, espectáculo de produción propia do Centro Dramático Galego (CDG), que ofrecerá ata o domingo día 24 sete novas representacións da montaxe dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, algunhas delas especialmente dirixidas a persoas con diversidade funcional, como a denominada ‘descontraída’ de mañá mércores ás 20,00 h., ou a inclusiva programada para o día 24 ás 17,30 h.    [+]
A Xunta convoca as subvencións á produción e coprodución audiovisual por valor de 2,5 millóns de euros
[15/01/2021]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria da Xunta de subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego para 2021, que manteñen a súa dotación de 2,5 millóns de euros respecto a 2020 e consolidan deste xeito o incremento do 25% acadado nas bases das últimas axudas adxudicadas o ano pasado a 20 proxectos. Este investimento, que se distribuirá por concorrencia competitiva entre as propostas que presenten as produtoras galegas independentes, contribuirá ao financiamento de novos títulos de cinema e de televisión, tanto longas de ficción en imaxe real e animación, documentais e curtas, como películas e series televisivas. O prazo de presentación comeza mañá e esténdese ata o vindeiro 15 de febreiro.  [+]

Carteleira

<<   Febreiro 2021   >>
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
 
 
 
 
 
 

 [22-xaneiro-2021]

CENTRO DRAMÁTICO GALEGO
Santiago de Compostela

 [22-xaneiro-2021]

CENTRO DRAMÁTICO GALEGO
Santiago de Compostela

 [22-xaneiro-2021]

FÓRA DE SERIE
A Coruña

Catálogos interactivos

Films from Galicia
Shorts from Galicia
Curtametraxes
(pdf, 887 KB)

Galería

Vídeos

   Olladas