
[31/01/2023]
A Filmoteca de Galicia xa ten preparada a súa carteleira de febreiro, que desde mañá e ata finais de mes ofreceralle ao público cinéfilo 32 novas citas na súa sede da Coruña. Destacan, entre elas, as visitas do cineasta suízo Cyril Schäublin e do catalán Albert Serra para presentar as súas últimas e premiadas longametraxes. [+]
[31/01/2023]
A Xunta avanza na apertura das convocatorias do seu plan anual de subvencións ás industrias culturais, no marco do que se publican no Diario Oficial de Galicia as bases para as salas privadas de artes escénicas. O investimento nesta liña de axudas increméntase en máis dun 33% respecto a 2022 e pasa a situarse nos 200.000 euros para impulsar a estabilidade no desenvolvemento dunha programación de carácter profesional por parte deste tipo de espazos.
Con este reforzo económico, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades recoñécelles ás salas escénicas galegaso seu destacado papel ao servizo da difusión e da creación de públicos para o sector, ao tempo que se lle dá resposta ao aumento xeral dos custos no mantemento da súa actividade. [+]
[30/01/2023]
O 45º Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand, en Francia, sinala o inicio da promoción dunha nova edición do catálogo Shorts from Galicia, editado anualmente pola Xunta para dar conta da calidade da creación galega neste formato audiovisual. En concreto, a publicación está a difundirse no mercado especializado que se desenvolve desde hoxe e ata o vindeiro día 3 en paralelo ao certame galo como cita de referencia para os profesionais da produción e distribución de curtas a nivel mundial. [+]
[27/01/2023]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o presidente da Federación de Cineclubs de Galicia (Feciga), Manuel Precedo, mantiveron unha reunión na que acordaron renovar o convenio de colaboración entre as dúas entidades para continuar a garantir a proxección de películas durante todo o ano nas 13 localidades onte teñen as súas sedes os espazos membros deste colectivo.
[+]
[25/01/2023]
A Xunta de Galicia contribúe á nova carteleira escénica de Vigo con 50 das actuacións de teatro, danza, novo circo e maxia que o Auditorio Municipal programa ata finais de abril como integrante da Rede Galega de Teatros e Auditorios. O investimento público na contratación das 17 compañías que ofrecerán estas funcións supera os 80.000 euros, dos que a Xunta achega máis do 60% a través do convenio de colaboración asinado co Concello vigués. [+]Avisos
AXUDAS AGADIC 2022
AXUDAS AGADIC 2023
-Subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada: convocatoria
-Subvencións a festivais do sector audiovisual: convocatoria
-Subvencións á creación escénica: convocatoria
MÚSICA
Carteleira
Vídeos
Olladas
|
|
|