A compañía Xerpo chega esta fin de semana ao Salón Teatro de Santiago co espectáculo 'Casquería e outras vísceras'
[07/12/2018]
O Salón Teatro de Santiago acollerá esta fin de semana a Xerpo Teatro, compañía residente da Sala Ingrávida do Porriño, co seu espectáculo Casquería e outras vísceras. Irene Moreira asina a dirección e dramaturxia desta montaxe, que Olga Cameselle e Álex Sobrino interpretarán na sede do Centro Dramático Galego mañá sábado 8, ás 20,30 h., e o domingo 9, ás 18,00 h. [+]
O director da Agadic anuncia un incremento do 21% na dotación das subvencións da Xunta a festivais audiovisuais
[05/12/2018]
As subvencións da Xunta a festivais audiovisuais, convocadas cada ano a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), estarán dotadas en 2019 con 170.000 euros, cifra que supón un incremento dun 21% respecto dos 140.000 euros adxudicados este ano. Así o anunciou hoxe o director da Agadic, Jacobo Sutil, na presentación da terceira edición de Novos Cinemas-Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, que terá lugar do 11 ao 16 de decembro, onde adiantou ademais que a nova convocatoria se fará pública nas vindeiras semanas. [+]
A Agadic presenta no OUFF a súa colaboración co Cineclube Padre Feijoo na extensión ourensa da programación do CGAI
[04/12/2018]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, fixo hoxe balance da colaboración co Cineclube Padre Feijoo para o desenvolvemento da extensión ourensá da programación do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia. No marco da que é a quinta edición da iniciativa, este ano a Casa da Cultura da Biblioteca Pública Nodal acolleu unha vintena de proxeccións, agrupadas baixo o epígrafe Filmoteca dos luns, que rematarán o vindeiro día 10 co filme galego Vigo 1972, de Roi Cagiao. [+]
Gena Baamonde dirixirá a nova produción do CDG a partir de dúas pezas de Esther F. Carrodeguas e Roi Vidal Ponte
[04/12/2018]
Neorretranca e posmorriña será o título da próxima produción propia do Centro Dramático Galego, que dirixirá Gena Baamonde a partir dos textos Fantasía nº 5 en sol ou non, de Esther F. Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se se lle dá publicidade á convocatoria do proceso de selección das 10 actrices e actores que porán en escena o novo proxecto da compañía pública, con data de estrea prevista para o 11 de abril. [+]
Culturgal acolle a entrega dos premios da Agadic Álvaro Cunqueiro e Manuel María a AveLina Pérez e Paula Carballeira
[02/12/2018]
Culturgal, a feira das industria culturais que se celebra desde o venres en Pontevedra, foi hoxe o escenario do acto de entrega dos premios literarios convocados pola Agadic. No caso do XXIV Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, a gañadora foi AveLina Pérez coa obra Ás oito da tarde, cando morren as nais, mentres que o X Manuel María de literatura dramática infantil recaeu en Paula Carballeira por Somos monstros.  [+]

   Olladas