O CGAI pecha Cinema en Curso 2018-2019 coa estrea de catro filmes realizados por estudantes de Primaria, Secundaria e FP
[14/06/2019]
Os preto de 70 alumnos dos catro centros educativos de Cangas, Cercedo-Cotobade, O Rosal e Fene que participaron na edición 2018-2019 do programa Cinema en Curso estrearon hoxe no Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia os filmes que realizaron co acompañamento dos cineastas Ángel Santos, Marcos Flórez, Jaione Camborda e Xacio Baño, respectivamente. [+]
O Centro Dramtico Galego ofrcelles aos profesionais do sector cinco talleres sobre distintas disciplinas escnicas
[13/06/2019]
O Centro Dramático Galego (CDG) desenvolverá entre o 17 de xuño e o 12 de xullo cinco talleres formativos en distintas competencias e disciplinas aplicables á creación e á execución escénica. O programa pedagóxico, co que a compañía institucional rematará a actividade da temporada 2018-2019, está especialmente dirixido aos profesionais ou estudantes do ámbito teatral, que xa poden inscribirse nos cursos.  [+]
Galicia Escena PRO pecha a sa stima edicin tras amosar 20 espectculos e propiciar mis de 120 reunins personalizadas
[12/06/2019]
O mercado Galicia Escena PRO 2019 chegará mañá ao seu fin tras catro intensas xornadas de actividade arredor da exhibición de 20 espectáculos de teatro e danza e do intercambio entre os máis de 150 axentes culturais acreditados na súa sétima edición, que se desenvolve desde o pasado luns en diferentes espazos de Santiago de Compostela. [+]
Odaiko e Compaa N+1 protagonizan as estrea de Galicia Escena PRO na terceira xornada do mercado
[11/06/2019]
Odaiko e Compañía N+1 protagonizan as dúas estreas absolutas de Galicia Escena PRO, que poderán verse mañá en Santiago dentro do programa de exhibición da sétima edición do mercado galego das artes escénicas. A formación madrileña Rotura Producciones e as galegas La Macana e A Quinta do Cuadrante completan a carteleira da terceira xornada deste encontro, que organizan a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e a asociación empresarial Escena Galega. [+]
A segunda xornada de Galicia Escena PRO aborda os protocolos da exhibicin teatral para a infancia e a xuventude no seu primeiro 'Cafescena'
[10/06/2019]
O mercado Galicia Escena PRO desenvolverá mañá a segunda das súas catro xornadas de actividade coa incorporación ao programa dos Cafescena, deseñados co obxectivo de propiciar as conversas e o intercambio profesional entre os máis de 150 axentes culturais inscritos este ano. Esta é unha das novas iniciativas de networking deste evento, que se celebra en Santiago ata o vindeiro xoves 13 baixo a organización da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e a asociación empresarial Escena Galega. [+]

   Olladas