A Rede Galega de Teatros e Auditorios recupera a sa actividade escnica para o pblico con funcins en Muros e A Corua
[04/06/2020]
A Xunta de Galicia recupera mañá venres a actividade escénica da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), o circuíto profesional de distribución de espectáculos que impulsa e cofinancia en escenarios de 40 concellos galegos. A representación ás 18,00 h. no Centro Cultural e Xuvenil de Muros de Carabela, a cargo de Galeatro Producións Escénicas, será a primeira en atoparse de novo co público, á que seguirán este mesmo mes outras cinco funcións reprogramadas no Teatro Rosalía Castro da Coruña a patir do día 19. [+]
A Xunta prepara o programa de concertos 'Galicia Emerxe' dentro do Plan de Reactivacin do Sector Cultural
[03/06/2020]
A Xunta de Galicia está a impulsar a produción do programa de música ao vivo Galicia Emerxe como unha das novas iniciativas xurdidas ao abeiro do seu Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19. Esta iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo, na que participarán medio centenar de artistas e grupos profesionais galegos de moi diferentes estilos, dispón dun orzamento de 500.000 euros para lles achegar ingresos e liquidez económica, así como unha nova plataforma de difusión do seu traballo en diferentes canles audiovisuais. [+]
O certame Sonidos Mans anuncia as oito bandas gaadoras da sa edicin de 2020, con Mounqup como representante galega
[29/05/2020]
O certame Sonidos Mans acaba de anunciar o nome dos oito grupos gañadores da súa edición de 2020, entre os que se atopa a artista francesa radicada en Ourense Mounqup. A Xunta, a través da Axencia Galega das Industrias Cultuarais (Agadic), volve colaborar con esta iniciativa dos Estudios Mans da Fundación Paideia Galiza, que busca facilitarlles aos grupos e solistas que se atopan no inicio das súas carreiras unha ferramenta de utilidade para a difusión do seu traballo. [+]
A Xunta convoca axudas para as fases de preproducin e difusin internacional do audiovisual galego por preto de 300.000 euros
[28/05/2020]
A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) das convocatorias de axudas para impulsar o audiovisual galego na fase dedesenvolvemento de proxectose na de promocin internacional a travs daasistencia a mercados e foros, por un importe conxunto de case 300.000 euros. Ambas as das lias insrense noPlan de reactivacindos sectores cultural e turstico fronte aos efectos da covid-19e, xunto coas vixentes subvencins a producins e coproducins audiovisuais dotadas con 2,5 millns de euros, garanten o acompaamento nas diferentes etapas que transcorren na industria audiovisual antes da chegada s pantallas dos seus novos filmes ou series.  [+]
A Xunta convoca subvencins  distribucin cultural para axilizar o financiamento de actividades executadas antes do estado de alarma
[27/05/2020]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases reguladoras das subvencións á distribución interior e exterior de bens e servizos culturais producidos por empresas profesionais galegas, unha liña de axudas á que a Xunta de Galicia destina 300.000 euros, repartidos ao 50% entre funcións escénicas e concertos de música. [+]

Carteleira

<<   Marzo 2020   >>
 
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 

Volta de actividades

Retómase a nosa carteleira de espectáculos. Cómpre confirmación con cada espazo das actividades programadas, así como das instrucións e procedementos sanitarios a seguir.

Catálogos interactivos

Films from Galicia
Shorts from Galicia
Curtametraxes
(pdf, 887 KB)

Galería

Vdeos

   Olladas