A Filmoteca de Galicia abre este mes a sa programacin estendida con 18 pelculas en Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo
[14/05/2021]
Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo acollen ao longo de maio unha escolma de 18 filmes incluídos na programación estendida da Filmoteca de Galicia, dos que se realizarán 26 proxeccións nos cineclubs destas cidades. A iniciativa desenvólvese ao abeiro da colaboración entre a Xunta e os cineclubs Valle-Inclán, Padre Feijoo, Pontevedra e Lumière a prol da descentralización e dunha maior difusión entre o público das películas que conforman a carteleira da sala José Sellier da sede da cinemateca na Coruña.    [+]
A cineasta arxentina Lucrecia Martel pecha ma o ciclo de encontros 'Do papel  pantalla', organizado co apoio da Xunta
[12/05/2021]
A cineasta arxentina Lucrecia Martel pecha mañá o ciclo de encontros virtuais Do papel á pantalla, organizado pola Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA) e a Fundación SGAE, co apoio da Xunta. Finaliza así o programa de master classes iniciado o pasado marzo co subtítulo Na mente da creación, no que máis de 300 persoas inscritas afondaron en temas relacionados co proceso audiovisual da man de recoñecidos profesionais.  [+]
rtika, Teatro Ensalle, Gurug e Teatro del Andamio reciben as axudas da Xunta ao funcionamento das salas escnicas
[11/05/2021]
Os espazos vigueses Ártika e Teatro Ensalle, xunto cos coruñeses Gurugú Producciones e Teatro del Andamio, resultaron adxudicatarios, un ano máis, das axudas da Xunta ao funcionamento das salas escénicas privadas, segundo a resolución publicada hoxe na web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). O Goberno galego destina un orzamento total de 150.000 euros a esta convocatoria, consensuada co sector para impulsar o desenvolvemento da programación de carácter profesional e a consolidación destes recintos como xeradores dunha destacada actividade arredor das artes escénicas.  [+]
A serie 'Hierro' centra a 10 edicin da master class 'AuGAL', promovida pola Xunta e a Universidade de Vigo
[10/05/2021]
A serie de ficción Hierro, da produtora galega Portocabo, centra a 10ª edición de AuGAL Master Class Audiovisual Galego, que comeza mañá en Pontevedra. A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acollerá as catro sesións previstas para o martes e o mércores desta semana e os da que vén, coa participación de diversos profesionais que forman parte do equipo técnico desta produción feita para a plataforma Movistar e recoñecida con distintos galardóns.   [+]
A Xunta coproducir os novos espectculos coreogrficos das compaas Elahood, Nova Galega de Danza e Colectivo Glovo
[09/05/2021]
A Xunta de Galicia coproducirá os novos espectáculos de danza Nó, da compañía Elahood, Credo, de Nova Galega de Danza, e Tabú, de Colectivo Glovo, segundo recolle a resolución publicada na web da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic). As pezas foron seleccionadas no proceso aberto o pasado febreiro para a contratación de tres coproducións co Centro Coreográfico Galego (CCG), ao que se presentaron 18 propostas.    [+]

Carteleira

<<   Marzo 2021   >>
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 

 [17-maio-2021]

ODAIKO
Muros

 [17-maio-2021]

CA. KIRENIA DANZA
Noia

 [18-maio-2021]

FRA DE SERIE
A Corua

Catálogos interactivos

Films from Galicia
Shorts from Galicia

Galería

Vdeos

   Olladas