O Pazo da Cultura de Carballo acolle 13 espectáculos ata abril dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios
[22/02/2018]
Elisa e Marcela, unha coprodución de A Panadaría co Centro Dramático Galego que conta a historia das dúas mulleres que en 1901 formaron na Coruña o primeiro matrimonio homosexual do Estado, é a encargada de abrir mañá, ás 20,30 h, a carteleira que a Rede Galega de Teatros e Auditorios lle ofrecerá ao público de Carballo ata finais de abril. [+]
A Xunta sitúa a Santiago de Compostela como sede do prestixioso taller EAVE de produtores audiovisuais
[21/02/2018]
Santiago de Compostela será a sede no vindeiro mes de outubro dun dos talleres para produtores audiovisuais do recoñecido programa formativo EAVE (European Audiovisual Entrepreneurs), ao que acudirán 51 participantes de 36 países, xunto cos profesionais galegos que teñen reservada unha das sesións do encontro. [+]
O Festival da Luz entrégalle 114.000 euros a Oncomet e anuncia as súas primeiras confirmacións para 2018
[20/02/2018]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, participaron hoxe na entrega de 114.000 euros por parte do Festival da Luz ao grupo Oncomet para a investigación da biopsia líquida. [+]
O produtor de 'La isla mínima' abre o novo ciclo de Parladoiros Audiovisuais da Agadic
[20/02/2018]
José Antonio Félez, produtor da premiada La isla mínima, entre outras coñecidas películas, será o protagonista este venres 23 en Santiago da primeira sesión dos Parladoiros audiovisuais, un novo ciclo que pon en marcha a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) dentro do seu programa de formación continua Galicia ProFilme. [+]
A Agadic promove o audiovisual galego no mercado da Berlinale xunto con 10 empresas do sector
[16/02/2018]
A Agadic promove o audiovisual galego no European Film Market de Berlín baixo a marca ‘Films from Galicia’ xunto con 10 empresas produtoras e distribuidoras que operarán ata o vindeiro día 23 neste encontro profesional paralelo á Berlinale. A delegación complétase co Clúster Audiovisual Galego, a Academia Galega do Audiovisual e Conecta FICTION.  [+]

Carteleira

<<   Abril 2018   >>
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 
 
 

 [23-febreiro-2018]

ZUM-ZUM TEATRE
O Carballiño

 [23-febreiro-2018]

CAYETANO LLEDÓ
Arteixo

 [23-febreiro-2018]

A PANADARÍA
Carballo

Catálogos interactivos

Films from Galicia
Shorts from Galicia
Longametraxes e series
(pdf, 5.72 MB)
Curtametraxes
(pdf, 782 KB)

Galería

Vídeos

   Olladas