Avanza a rodaxe en Ourense da pelcula '13 exorcismos' co apoio da Xunta a travs do seu Hub Audiovisual
[16/05/2022]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta, Jacobo Sutil, visitou hoxe en Ourense o equipo do filme de terror 13 Exorcismos no set instalado no colexio CEIP de Prácticas, unha das numerosas localizacións da cidade das Burgas nas que se está a desenvolver a filmación desta produción encabezada pola compañía Bambú Producciones xunto con Atresmedia Cine e Mr Fields & Friends. O Goberno autonómico impulsou a súa gravación en Galicia cunha subvención de 350.000 euros a través da primeira quenda do fondo de atracción de rodaxes do Hub Audiovisual da Industria Cultural, un dos grandes proxectos da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para o trienio 2021-2023. [+]
'Continente Mara', coproducin do Centro Dramtico Galego con Ain e o Concello da Corua sobre Mara Casares, estrase ma no Teatro Rosala Castro
[15/05/2022]
A coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) con Ainé Producións e o Concello da Coruña arredor da figura de María Casares, Continente María, estréase mañá na cidade herculina no marco da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios promovida pola Xunta en colaboración coas administracións locais. A peza lévase a escena coa compañía A Quinta do Cuadrante e forma parte da axenda conmemorativa impulsada polo Goberno galego co gallo do centenario da actriz. A función inaugural terá lugar no Teatro Rosalía Castro ás 20,30 horas. [+]
A Xunta contribe  organizacin da mostra (S8) da Corua como cita de referencia do cine experimental
[12/05/2022]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil, acompañou hoxe a organización da Mostra de Cinema Periférico (S8) na presentación da súa 13ª edición, que terá lugar do 27 de maio ao 5 de xuño en diferentes localizacións da cidade da Coruña. O evento, consolidado xa como unha das citas de referencia arredor do cinema experimental, volve atoparse entre a listaxe de certames subvencionados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través da súa liña de axudas para festivais audiovisuais, que este ano distribúe 210.000 euros entre 11 citas. [+]
A Xunta abre a seleccin dos proxectos emprendedores que impulsar o Polo de aceleracin dos videoxogos
[11/05/2022]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases para a selección dos proxectos emprendedores que recibirán o impulso do Polo de aceleración do sector dos videoxogos, que a Xunta acaba de poñer en marcha ao abeiro do seu Hub Audovisual da Industria Cultural. A asociación Videoxogo.gal será a encargada de xestionar as diferentes accións deste novo programa, de acordo co convenio de colaboración asinado recentemente coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade por importe de 360.000 euros. [+]
O Festival Internacional de Tteres de Redondela celebra a sa 23 edicin con mis de 60 citas en cartel
[10/05/2022]
O Festival Internacional de Títeres de Redondela Memorial Juanjo Amoedo anunciou hoxe a programación completa da súa 23ª edición, que do 12 ao 17 de maio ofrecerá un intenso programa con máis de 60 funcións e actividades complementarias arredor do teatro de monicreques. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil, participou nesta presentación xunto aos representantes da organización, do Concello redondelán e doutras entidades colaboradoras nesta mostra, que nos últimos anos vén contando co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través do programa anual de subvencións a festivais de artes escénicas e de música. [+]

Avisos

 AXUDAS AGADIC 2022

-HUB AUDIOVISUAL DA INDUSTRIA CULTURAL. Seleccin de empresas e proxectos que participarn no programa do Polo de aceleracin do sector dos videoxogos

-HUB AUDIOVISUAL DA INDUSTRIA CULTURAL. Subvencins para a promocin e difusin de proxectos musicais profesionais

-Subvencins modernizacin e xestin sustentable das infraestruturas das artes escnicas e musicais: adxudicacin da primeira convocatoria

-Subvencins para ampliar e diversificar a oferta cultural en reas non urbanas Territorio Cultura

-Subvencins a salas de artes escnicas de titularidade privada: adxudicacin

-Subvencins s actividades de distribucin para industrias culturais: convocatoria

-Subvencins a festivais do sector audiovisual: adxudicacin

-HUB AUDIOVISUAL DA INDUSTRIA CULTURAL. Axudas para o fomento e a promocin de rodaxes audiovisuais que favorezan a recuperacin econmica do sector: segunda convocatoria

-HUB AUDIOVISUAL DA INDUSTRIA CULTURAL: Instrucins detalladas relativas s obrigas de publicidade

 CIRCUTOS DE ESPECTCULOS

-Rede Galega de Msica ao Vivo: inscricin no catlogo de solistas e grupos profesionais con sede en Galicia

-Cultura no Camio 2022: inscricin de espectculos e concertos ata o 20 de maio

 DANZA

-Seleccin de proxectos para a contratacin, en rxime de coproducin, de tres espectculos de danza: bases e anexos

 GALICIA ESCENA PRO 2022

-Seleccin de espectculos e presentacins en formato pitching para a edicin de 2022 de Galicia Escena PRO, do 6 ao 9 de xuo en Santiago de Compostela

Carteleira

<<   Abril 2022   >>
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

 [17-maio-2022]

PACO NOGUEIRAS
Muros

 [19-maio-2022]

TEATRO DO ATLNTICO
Lugo

 [19-maio-2022]

A PANADARA
Monforte de Lemos

Catálogos interactivos

Films from Galicia
Shorts from Galicia

Galería

Vdeos

   Olladas