
[28/03/2023]
Máis de 60 persoas están a participar hoxe na xornada Diálogos de danza. Unha ponte entre a creación e a programación, que ten lugar na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, baixo a organización da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. O encontro insírese no marco das medidas recollidas no Plan Integral para a Danza de Galicia, elaborado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades a partir dun proceso aberto e participativo co sector, que fai fincapé na necesidade de abrir foros periódicos de colaboración e debate cara ao deseño de novas iniciativas de impulso e promoción no ámbito da danza e as artes do movemento. [+]
[28/03/2023]
O Centro Dramático Galego recupera para as táboas a Xohana Torres coa estrea este venres 31 da primeira produción profesional da súa obra Un hotel de primeira sobre o río, que estará en cartel no Salón Teatro de Santiago de Compostela ata o 30 de abril. Gonçalo Guerreiro e María Torres dirixen esta nova proposta da compañía da Xunta de Galicia, afondando na poética e no estilo persoal desta gran autora galega desde unha perspectiva contemporánea que non perde a acidez, a ironía e o drama presentes no texto orixinal, gañador do Premio Castelao en 1968. [+]
[27/03/2023]
A compañía Xerpo é a gañadora da segunda fase da Bolsa de Dramaturxia e Creación, desenvolvida pola Xunta de Galicia coa colaboración de diversos colectivos do sector cultural galegos, de acordo coa que coproducirá co Centro Dramático Galego o texto Bailar no ceo, escrito por Ana Abad de Larriva como vencedora da primeira fase desta mesma iniciativa.
[+]
[27/03/2023]
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe a novena edición do festival de teatro, danza e arte en acción Escenas do cambio, que dirixe Lola Correa e que este ano pon o foco na realidade e nas transformacións sociais do noso presente máis inmediato. Impulsado pola Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura, Escenas do cambio trae do 4 ao 6 de maio unha decena de propostas de vangarda nas que a danza, o teatro, a performance, a música e a poesía conectan á audiencia coas reivindicacións dos dereitos das persoas migrantes e desprazadas, do colectivo queer ou dos estratos máis vulnerables da sociedade. [+]
[27/03/2023]
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou, esta mañá, na presentación dos XXVII Premios María Casares que terán lugar, este xoves día 30 de marzo A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), organizadores do evento, volven a contar coa contribución económica da Xunta de Galicia para a convocatoria dos seus galardóns, que poñen en valor o traballo dos profesionais do teatro galego ao longo do pasado ano.
[+]Avisos
AXUDAS AGADIC 2023
-Subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos: convocatoria
-Subvencións a festivais música e de artes escénicas: convocatoria
-Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais: convocatoria
CENTRO DRAMÁTICO GALEGO
CIRCUÍTOS DE ESPECTÁCULOS
-Cultura no Camiño 2023: inscrición de espectáculos e concertos ata o 29 de marzo
MÚSICA
-Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais
OUTRAS AXUDAS
Carteleira
Vídeos
Olladas
|
|
|