'Trote', primeira longametraxe de Xacio Baño, estréase mañá nunha ducia de salas de toda Galicia
[13/12/2018]
Trote, a primeira longametraxe do realizador galego Xacio Baño, estréase mañá venres nas salas de cinema tras o seu paso polos festivais internacionais de Locarno, en Suíza, e de San Sebastián. O filme, producido pola compañía galega Frida Films, chega agora ao circuíto comercial como parte da carteleira dunha ducia de cines galegos e doutros sete do resto de España. [+]
A sede do CDG en Santiago recibe a compañía Inversa Teatro para oito funcións do espectáculo 'Sofía e as postsocráticas'
[11/12/2018]
O equipo da compañía Inversa Teatro inicia hoxe unha estadía de seis días no Salón Teatro de Santiago para ofrecer ata o domingo oito funcións do seu espectáculo Sofía e as postsocráticas, no que aborda a violencia machista e as causas estruturais do maltrato. Marta Pérez é a autora desta proposta, construída a partir de materiais de creación colectiva, ademais de dirixila e de formar parte do seu trío interpretativo xunto a María Roja e Silvia Penas. [+]
A compañía Xerpo chega esta fin de semana ao Salón Teatro de Santiago co espectáculo 'Casquería e outras vísceras'
[07/12/2018]
O Salón Teatro de Santiago acollerá esta fin de semana a Xerpo Teatro, compañía residente da Sala Ingrávida do Porriño, co seu espectáculo Casquería e outras vísceras. Irene Moreira asina a dirección e dramaturxia desta montaxe, que Olga Cameselle e Álex Sobrino interpretarán na sede do Centro Dramático Galego mañá sábado 8, ás 20,30 h., e o domingo 9, ás 18,00 h. [+]
O director da Agadic anuncia un incremento do 21% na dotación das subvencións da Xunta a festivais audiovisuais
[05/12/2018]
As subvencións da Xunta a festivais audiovisuais, convocadas cada ano a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), estarán dotadas en 2019 con 170.000 euros, cifra que supón un incremento dun 21% respecto dos 140.000 euros adxudicados este ano. Así o anunciou hoxe o director da Agadic, Jacobo Sutil, na presentación da terceira edición de Novos Cinemas-Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, que terá lugar do 11 ao 16 de decembro, onde adiantou ademais que a nova convocatoria se fará pública nas vindeiras semanas. [+]
A Agadic presenta no OUFF a súa colaboración co Cineclube Padre Feijoo na extensión ourensa da programación do CGAI
[04/12/2018]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, fixo hoxe balance da colaboración co Cineclube Padre Feijoo para o desenvolvemento da extensión ourensá da programación do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia. No marco da que é a quinta edición da iniciativa, este ano a Casa da Cultura da Biblioteca Pública Nodal acolleu unha vintena de proxeccións, agrupadas baixo o epígrafe Filmoteca dos luns, que rematarán o vindeiro día 10 co filme galego Vigo 1972, de Roi Cagiao. [+]

   Olladas