A Xunta prepara o programa de concertos 'Galicia Emerxe' dentro do Plan de Reactivacin do Sector Cultural
[03/06/2020]
A Xunta de Galicia está a impulsar a produción do programa de música ao vivo Galicia Emerxe como unha das novas iniciativas xurdidas ao abeiro do seu Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19. Esta iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo, na que participarán medio centenar de artistas e grupos profesionais galegos de moi diferentes estilos, dispón dun orzamento de 500.000 euros para lles achegar ingresos e liquidez económica, así como unha nova plataforma de difusión do seu traballo en diferentes canles audiovisuais. [+]
O certame Sonidos Mans anuncia as oito bandas gaadoras da sa edicin de 2020, con Mounqup como representante galega
[29/05/2020]
O certame Sonidos Mans acaba de anunciar o nome dos oito grupos gañadores da súa edición de 2020, entre os que se atopa a artista francesa radicada en Ourense Mounqup. A Xunta, a través da Axencia Galega das Industrias Cultuarais (Agadic), volve colaborar con esta iniciativa dos Estudios Mans da Fundación Paideia Galiza, que busca facilitarlles aos grupos e solistas que se atopan no inicio das súas carreiras unha ferramenta de utilidade para a difusión do seu traballo. [+]
A Xunta convoca axudas para as fases de preproducin e difusin internacional do audiovisual galego por preto de 300.000 euros
[28/05/2020]
A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) das convocatorias de axudas para impulsar o audiovisual galego na fase dedesenvolvemento de proxectose na de promocin internacional a travs daasistencia a mercados e foros, por un importe conxunto de case 300.000 euros. Ambas as das lias insrense noPlan de reactivacindos sectores cultural e turstico fronte aos efectos da covid-19e, xunto coas vixentes subvencins a producins e coproducins audiovisuais dotadas con 2,5 millns de euros, garanten o acompaamento nas diferentes etapas que transcorren na industria audiovisual antes da chegada s pantallas dos seus novos filmes ou series.  [+]
A Xunta convoca subvencins  distribucin cultural para axilizar o financiamento de actividades executadas antes do estado de alarma
[27/05/2020]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases reguladoras das subvencións á distribución interior e exterior de bens e servizos culturais producidos por empresas profesionais galegas, unha liña de axudas á que a Xunta de Galicia destina 300.000 euros, repartidos ao 50% entre funcións escénicas e concertos de música. [+]
A serie internacional do Xacobeo 2021 '3Caminos' retoma a sa rodaxe en Navarra antes de regresar a Galicia
[26/05/2020]
O equipo de 3Caminos, primeira serie internacional e transmedia sobre o Camiño de Santiago, retomou esta semana a súa rodaxe en diferentes localidades de Navarra tras a parada obrigada pola crise sanitaria da Covid-19. Trátase da principal produción audiovisual do Xacobeo 2021, para a que a empresa compostelá Ficción Producciones conta cunha subvención de 1,5 millóns de euros por parte da Xunta como adxudicataria dunha convocatoria específica da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para obras audiovisuais que difundan os valores do Camiño de Santiago e a imaxe de Galicia cara á celebración do vindeiro Ano Santo. [+]

Carteleira

<<   Maio 2020   >>
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 

Volta de actividades

Retómase a nosa carteleira de espectáculos. Cómpre confirmación con cada espazo das actividades programadas, así como das instrucións e procedementos sanitarios a seguir.

Catálogos interactivos

Films from Galicia
Shorts from Galicia
Curtametraxes
(pdf, 887 KB)

Galería

Vdeos

   Olladas