Sarabela Teatro estrea 'Celebración. A gran noite' cunha axuda á produción escénica da Agadic
[18/09/2018]
O Auditorio Municipal de Ourense acolle este xoves 20 e o venres 21 a estrea de Celebración. A gran noite, espectáculo co que Sarabela Teatro leva a escena un texto de Fernando Dacosta baixo a  dirección do vigués Dani Salgado. A montaxe materializa un dos 30 proxectos subvencionados este ano pola Xunta de Galicia a través da Agadic.  [+]
A Agadic contribúe á formación en danza co apoio ao taller que Diego Sinniger impartirá no festival Quincegotas
[17/09/2018]
O coreógrafo e bailarín barcelonés Diego Sinniger impartirá o próximo sábado 22 de setembro un taller de movemento no marco do festival coruñés Quincegotas, unha actividade formativa que conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para contribuír á promoción da danza. [+]
Cinemas de Galicia percorrerá Allariz, Bueu, Cangas, Cariño, Cedeira, Celanova e O Grove con 24 novas proxeccións
[15/09/2018]
Cinemas de Galicia, o circuíto de exhibición cinematográfica impulsado pola Consellería de Cultura e Educación a través da Axencia Galega de Industrias Culturais, inicia mañá o seu segundo ciclo de programación anual, que se desenvolverá ata decembro en sete concellos: Allariz, Bueu, Cangas, Cariño, Cedeira, Celanova e O Grove.  [+]
A Xunta subvenciona o 27º FIOT de Carballo, que exhibe 41 espectáculos co reto de incorporar ao público 'millennial'
[13/09/2018]
O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo desvelou hoxe a programación da súa vixésimo sétima edición, que do 28 de setembro ao 31 de outubro desenvolverá 41 espectáculos e diferentes accións paralelas arredor da exhibición e da formación escénica. A Xunta apoia o encontro a través da convocatoria de subvencións da Agadic. [+]
O CGAI inicia curso chamando á reflexión sobre o estado de Europa cunha escolma de 14 fitas recentes
[10/09/2018]
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI- Filmoteca de Galicia) inicia o curso 2018-2019 querendo chamar á reflexión sobre o estado das cousas no continente europeo. Faino co ciclo Espectros de Europa, que abre a programación este mércores 12 de setembro coa proxección de Caras y lugares, o último traballo de Agnès Varda.  [+]

   Olladas