Unha ducia de empresas e institucins integran a representacin audiovisual galega no MIPCOM de Cannes
[12/10/2019]
Unha ducia de empresas e institucións representarán o audiovisual galego a semana que vén en Cannes durante a celebración da trixésima edición do mercado MIPCOM, a meirande feira mundial para a compra-venda de contidos audiovisuais de entretemento, que terá lugar do 14 ao 17 de outubro no Palais de Festivals desta cidade francesa. [+]
O Festival Internacional Galicreques de Santiago celebra a sa 24 edicin con 50 representacins a cargo de 25 compaas
[11/10/2019]
O Festival Internacional Galicreques desvelou hoxe a programación completa da súa 24ª edición, que terá lugar en diferentes espazos de Santiago de Compostela do 12 ao 20 de outubro. Os espectáculos de 25 compañías danlle forma a esta carteleira, con medio centenar de representacións que darán conta da variedade e riqueza do teatro de monicreques. [+]
O Auditorio Municipal de Ourense ofrece 15 espectculos como socio da Rede Galega de Teatros que coordina a Xunta
[10/10/2019]
O Auditorio Municipal de Ourense  ofrecerá ata finais de decembro 15 funcións doutros tantos espectáculos de teatro para público adulto e infantil, como parte da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) que coordina a Xunta de Galicia. Así quedou recollido no convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Ourense, que foi asinado hoxe en Santiago de Compostela por Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais, e Mario González, concelleiro de Cultura da cidade das Burgas. [+]
O V Encontro de Coproducin Portugal-Galicia abre a convocatoria para reunir empresas audiovisuais de ambos pases en Arnoia
[09/10/2019]
O Encontro Profesional de Coprodución Portugal-Galicia abre hoxe o proceso inscrición para as empresas audiovisuais de ambas as beiras do Miño interesadas en participar na súa quinta edición, que terá lugar os días 14 e 15 de novembro no Balneario de Arnoia (Ourense). Como en anos anteriores, este foro bilateral está convocado conxuntamente pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e o Instituto do Cinema e do Audiovisual (ICA) de Portugal. [+]
Mounqup e Trifulca representan a msica emerxente galega no cartel de BIME City en Bilbao
[08/10/2019]
Mounqup e Trifulca son os dous nomes galegos seleccionados pola organización do Bizkaia International Musical Experience (BIME) para o seu programa de showcases. Baixo o título BIME City, este cartel desenvolverase en diferentes salas de Bilbao co obxectivo de darlle voz ao talento musical español e internacional no marco da sétima edición deste gran evento, que terá lugar do 30 de outubro  ao 2 de novembro e no que tamén se insiren o festival BIME Live e o encontro profesional de reunións e relatorios BIME Pro. [+]

Carteleira

<<   Xuño 2019   >>
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 
 
 

 [15-outubro-2019]

B.P.M
Santiago de Compostela

 [15-outubro-2019]

FUEL
A Corua

 [15-outubro-2019]

FLESH CITY
A Corua

Catálogos interactivos

Films from Galicia
Shorts from Galicia
Curtametraxes
(pdf, 782 KB)

Galería

Vdeos

   Olladas