O Centro Dramtico Galego celebra co pblico o Da do Teatro cunha xornada de portas na sa sede de Santiago
[22/03/2019]
O Centro Dramático Galego (CDG) compartirá co público a celebración do Día Mundial do Teatro o vindeiro mércores 27 de marzo cunha xornada de portas abertas na súa sede de Santiago. Como en anos anteriores, o programa de visitas guiadas Que se agocha tras o pano? ofreceralles aos asistentes un percorrido polas instalacións do Salón Teatro, ao tempo que lles permitirá coñecer a historia deste edifico da zona histórica compostelá e se achegar ao traballo cotiá do oficio teatral. [+]
O CGAI recibe a Marisa Paredes e a Chema Prado na apertura do ciclo dedicado ao exdirector da Filmoteca Espaola
[22/03/2019]
O director xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, Anxo M. Lorenzo, recibiu hoxe no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) a actriz Marisa Paredes e o exdirector da Filmoteca Española Chema Prado con motivo da apertura do ciclo Vai e vem, que se lle dedica a este último como tributo á estreita relación que mantivo coa cinemateca galega durante os 27 anos nos que estivo á fronte da entidade homóloga estatal. A presentación foi seguida da proxección da película La flor de mi secreto, de Pedro Almodóvar, a primeira das elixidas por Prado (Rábade, 1952) para esta homenaxe cinematográfica. [+]
A XIV Mostra Internacional de Cinema Etnogrfico de Santiago pon o foco nas gravacins domsticas, a msica e as fronteiras
[21/03/2019]
O Museo do Pobo Galego presentou hoxe a programación completa da súa XIV Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), que se desenvolverá en diferentes espazos de Santiago de Compostela entre os vindeiros días 25 e 31 de marzo. As gravacións domésticas, as fronteiras e a relación do son e a música coa etnografía son as tres liñas temáticas que vertebran a carteleira deste ano, no que o cinema feito por mulleres volverá ter un peso importante.    [+]
Romn Rodrguez visita a rodaxe do filme 'O Santa Isabel', inspirado no naufraxio deste barco fronte  illa de Slvora
[19/03/2019]
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, visitou esta mañá a rodaxe da película O Santa Isabel, na Illa de Sálvora. O filme, dirixido por Paula Cons, está inspirado no naufraxio do vapor transatlántico homónimo fronte á illa en 1921. [+]
Marisa Paredes e John Malkovich acompaan o exdirector da Filmoteca Espaola Chema Prado na homenaxe que lle rende o CGAI na Corua
[18/03/2019]
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia programará do 21 de marzo ao 10 de maio un ciclo cinematográfico co que rende homenaxe a Chema Prado, director da Filmoteca Española entre 1989 e 2016, programador desta desde 1975 e, ante todo, amigo e mentor da cinemateca galega desde a súa posta en marcha hai 27 anos. Con motivo desde tributo, o CGAI deulle carta branca a Prado para programar unha serie de películas que marcaron tanto a súa traxectoria profesional como vital, ademais de recibir na Coruña a algunhas das amizades persoais deste galego, natural de Rábade, como é o caso de Marisa Paredes e John Malkovich. [+]

Carteleira

<<   Xullo 2019   >>
 
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 

 [23-marzo-2019]

ELEFANTE ELEGANTE
As Pontes de Garca Rodrguez

 [23-marzo-2019]

GALEATRO PRODUCINS ESCNICAS
Cee

 [23-marzo-2019]

TROULA ANIMACIN
O Carballio

Catálogos interactivos

Films from Galicia
Shorts from Galicia
Curtametraxes
(pdf, 782 KB)

Galería

Vdeos