A Xunta subvenciona 29 proxectos de creacin escnica con 800.000 euros, un 23% mis que o ano pasado
[07/08/2020]
A Xunta cofinanciará con 800.000 euros 29 novos proxectos doutras tantas compañías galegas a través da adxudicación da súa convocatoria anual de subvencións á creación escénica, publicada hoxe pola Consellería de Cultura e Turismo na web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). O incremento dun 23% na súa dotación respecto a 2019 permitiu aumentar en seis o número de propostas beneficiarias, entre as que destaca así mesmo unha maior presenza das artes do movemento e das achegas multidisciplinares. [+]
Os espectculos galegos protagonizan o cartel do Festaclown de Vilagarca do 15 ao 22 de agosto
[05/08/2020]
A organización do Festaclown desvelou hoxe a programación que desenvolverá do 15 ao 22 de agosto en Vilagarcía de Arousa cunha destacada presenza de espectáculos galegos e media ducia de estreas. Como unha das novidades deste ano, a programación concéntrase durante unha semana e nunha soa localización, a praza da II República da capital arousá, ademais de habilitar a reserva de entradas como medidas para garantir a seguridade do público [+]
A Xunta leva mis de 130 concertos a 35 salas de toda Galicia co programa 'Directos Xacobeo'21' para a reactivacin do sector
[04/08/2020]
A música galega é a absoluta protagonista do novo programa da Xunta Directos Xacobeo’21 en Salas, que ata finais do mes de outubro ofrece 131 concertos de 108 artistas e bandas galegas en 35 locais de música ao vivo de toda a Comunidade. Segundo explicou hoxe o conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, a iniciativa conta cun orzamento de 400.000 euros para contribuír á recuperación da actividade empresarial e artística neste ámbito e, con tal fin, foi deseñada como unha das medidas do Plan autonómico de Reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da covid-19. [+]
Romn Rodrguez trasldalles o apoio da Xunta aos festivais de FEST Galicia co Xacobeo 2021 como oportunidade de impulso
[31/07/2020]
O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, acompañado polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, mantivo hoxe unha reunión de traballo cos representantes dos festivais adheridos á marca FEST Galicia co obxectivo de coñecer de primeira man a situación dos seus proxectos e abordar as medidas nas que traballa a Xunta de Galicia para impulsar o sector cultural e musical, tendo en conta a proximidade do Xacobeo 2021. [+]
A Xunta subvenciona 13 dos principais festivais galegos do sector audiovisual con preto de 200.000 euros, un 11% mis que en 2019
[30/07/2020]
Trece dos principais festivais galegos do sector audiovisual son os adxudicatarios en 2020 das subvencións que a Xunta convoca cada ano para este tipo de certames. Entre eles, distribúense os 190.000 euros cos que a Consellería de Cultura e Turismo dotou estas axudas, que experimentaron un incremento do 11% respecto a 2019. [+]

Carteleira

<<   Xullo 2020   >>
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 

 [07-agosto-2020]

MAD MARTIN TRO
Melide

 [07-agosto-2020]

THE NARTS
Melide

 [07-agosto-2020]

STONED AT POMPEII
Mos

Catálogos interactivos

Films from Galicia
Shorts from Galicia
Curtametraxes
(pdf, 887 KB)

Galería

Vdeos

   Olladas