
[06/07/2022]
O congreso internacional Mundos Digitales reunirá na Coruña entre o 7 e o 9 de xullo máis de 1200 profesionais do sector da animación, da comunicación audiovisual e dos contidos dixitais. A Xunta de Galicia apoia economicamente a organización da que será a vixésima edición deste evento sectorial de carácter global e participará activamente nel ao manter un expositor de información continuada. Neste stand difundiranse as medidas de impulso para o ámbito dos videoxogos e da creación de contidos dentro do Hub Audiovisual da Industria Cultural, posto en marcha polo Goberno galego en 2021 co financiamento dos fondos Feder da Unión Europea a través do programa REACT.
[+]
[05/07/2022]
O Salón Teatro recibe esta fin de semana o espectáculo Tartufo, adaptación do texto clásico de Molìere co que o Centro Dramático Galego, unidade de produción teatral da Xunta, participa neste 2022 no regreso do Proxecto NÓS/NOUS. Esta iniciativa, de natureza internacional ao implicar institucións de Francia, Portugal e Galicia, é un espazo de creación escénica e de intercambio entre catro compañías públicas e outros tantos centros de ensino que ten como obxectivo promover tanto a profesionalización como a internacionalización de estudantes no treito final do seu período académico, ao poñelos en contacto con figuras consolidadas do sector teatral. [+]
[04/07/2022]
A asociación Músicas ao Vivo presentou esta mañá a novena edición dos Premios Martín Códax da Música, para a que volve contar un ano máis co apoio económico da Xunta de Galicia. A organización dos galardóns anunciou, ademais, a apertura do prazo de inscrición -que se estenderá entre o 11 e o 31 de xullo- e mudanzas na relación de categorías, así como a creación neste 2022 de dous apartados extraordinarios: Artista do Ano e Artista Emerxente. [+]
[02/07/2022]
A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) as bases para a adhesión de festivais de música á quinta temporada da marca FEST Galicia para a promoción da nosa Comunidade como destino musical. Este programa de apoio conta cunha dotación de 220.000 euros para contratos de patrocinio con empresas promotoras de eventos musicais que se desenvolvan entre o 1 de xullo e o 30 de setembro deste ano.
[+]
[30/06/2022]
A Xunta de Galicia e o clúster audiovisual danés Vision Denmark son os dous socios principais de European Writers Club, programa deseñado para inspirar e fomentar a colaboración internacional entre guionistas, produtores e responsables de contido de canles e plataformas televisivas, o que suporá situar a nosa Comunidade autónoma como polo destacado da creación audiovisual europea. Así o anunciou o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, quen participou hoxe na presentación do proxecto levada a cabo en Série Series, o mercado profesional para produtos de televisión que se está a desenvolver na cidade francesa de Fontainebleau. [+]Avisos
AUDIOVISUAL
AXUDAS AGADIC 2022
-Subvencións a festivais de artes escénicas e de música: adxudicación
-Subvencións a salas de exhibición cinematográfica
-HUB AUDIOVISUAL DA INDUSTRIA CULTURAL: Instrucións detalladas relativas ás obrigas de publicidade
BOLSA DE DRAMATURXIA E CREACIÓN
-Resolución de selección do proxecto de escrita dramática
CENTRO DRAMÁTICO GALEGO
CIRCUÍTOS DE ESEPCTÁCULOS
DANZA
-Centro Coreográfico Galego: Formación en danza para profesionais
MÚSICA
Carteleira
Vídeos
Olladas
|
|
|