Conecta Fiction 2 acada máis de 2400 reunións de negocio entre os 531 profesionais acreditados de 20 países
[21/06/2018]
A actividade profesional de Conecta FICTION 2 chega hoxe ao seu fin cun primeiro balance moi positivo, que supuxo un importante incremento respecto ao ano pasado en canto a número de profesionais asistentes, xuntanzas rexistradas e acordos potenciais xurdidos ao abeiro deste evento internacional de coprodución televisiva. [+]
Conecta FICTION dálle protagonismo ao audiovisual galego con casos de estudo e encontros con produtoras doutros países
[20/06/2018]
O audiovisual galego ten un especial protagonismo no programa que desenvolve hoxe e mañá Conecta FICTION, evento internacional de coprodución televisiva que se celebra desde o pasado luns en Santiago baixo a organización da Xunta de Galicia, ICEX España Importación e Inversiones e Fundación SGAE.  [+]
O presidente da Xunta de Galicia visita Conecta FICTION na Cidade da Cultura
[20/06/2018]
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou na Cidade da Cultura Conecta FICTION. O presidente da Xunta percorreu as instalacións deste encontro internacional entre Europa e América para promover a produción televisiva. [+]
Conecta FICTION instálase na Cidade da Cultura cunha xornada centrada na presentación de 31 novos proxectos televisivos
[19/06/2018]
A Cidade da Cultura acolle a partir de hoxe a segunda edición de Conecta FICTION, nunha xornada marcada pola  presentación dos 31 proxectos televisivos nas cinco sesións de pitching organizadas no marco deste encontro de produción internacional promovido pola Xunta de Galicia, ICEX España Exportación e Inversiones e Fundación SGAE.    [+]
Román Rodríguez ve o Conecta FICTION como un punto de encontro da ficción televisiva e unha aposta decidida polo sector
[18/06/2018]
Conecta FICTION, evento promovido pola Xunta de Galicia, ICEX España Exportación e Inversiones e Fundación SGAE por segundo ano consecutivo en Santiago de Compostela, arrancou hoxe cun acto no Auditorio Abanca, presentado pola actriz María Mera, amenizado pola música do Xabier Díaz Trío. [+]

Avisos

 AUDIOVISUAL

 AXUDAS AGADIC 2018

-Subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego: resolución

-Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais: primeira quenda de adxudicacións

-Subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega: convocatoria

-Subvencións á produción escénica: resolución

-Subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego: resolución

-Subvencións a festivais do sector audiovisual: resolución

-Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais: convocatoria

-Subvencións para a promoción e difusión do cine galego en festivais e mostras de cine de prestixio nacional e internacional que se celebren fóra de Galicia: convocatoria

-Subvencións a salas de artes escénicas: resolución

 CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO

-Cursos de danza clásica, contemporánea e comedia musical con Pino Alosa, Dana Raz, Virginia Valero, Mikel Aristegui, Gonzalo Zaragoza, Ángela Rodríguez, Víctor Ullate Roche e Ana Alcázar

 MARCA FEST GALICIA

-Resolución da convocatoria de participación

 MÚSICA

-Selección de grupos e solistas galegos de música pop para a Monkey Week SON Estrella Galicia: inscrición ata o 2 de xullo

 PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO

-Provisión do posto de coordinador/a do Departamento de Fomento e Promoción de Políticas Culturais: listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas, e nomeamento da nova comisión

 WOMEX 2018 LAS PALMAS DE GRAN CANARIA

-Aberto o rexistro de profesionais e a contratación de stands

Carteleira

<<   Agosto 2018   >>
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 

 [26-xuño-2018]

CULTURACTIVA
Dumbría

 [26-xuño-2018]

FRAN REI
Dumbría

 [26-xuño-2018]

DAVID REGUEIRO
Santiago de Compostela

Catálogos interactivos

Films from Galicia
Shorts from Galicia
Longametraxes e series
(pdf, 5.72 MB)
Curtametraxes
(pdf, 782 KB)

Galería

Vídeos

   Olladas