Os Premios Martn Cdax abren convocatoria co apoio da Xunta para recoecer 20 proxectos musicais galegos
[28/02/2020]
A sétima edición dos Premios Martín Códax da Música, que conta co apoio económico da Xunta de Galicia, bota a andar coa apertura do prazo de recepción de propostas entre o 1 ao 15 de marzo e con varias novidades nunha convocatoria destinada a recoñecer 20 proxectos musicais galegos.A creación dunha categoría dirixida especificamente a bandas de música populares, a separación en dúas da anterior modalidade folk/tradicional) e un sistema de votacións diferente ao dos últimos anos son as principais achegas desta nova edición.    [+]
Prez&Fernndez estrea no Saln Teatro de Santiago 'Os nenos da varola' en coproducin co Centro Dramtico Galego
[26/02/2020]
O espectáculo Os nenos da varíola, da compañía Pérez&Fernández en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), estréase este venres 28 no Salón Teatro de Santiago, onde poderá verse ata o domingo 1 de marzo. A novela homónima de María Solar cobra así vida sobre as táboas, recuperando para os espectadores as historias dalgúns dos protagonistas da Expedición Balmis, grazas á que a vacina da varíola chegou a América e a Asia desde A Coruña. [+]
A Xunta convoca as subvencins  creacion escnica por 800.000 euros con novidades nas bases consensuadas co sector
[21/02/2020]
A Xunta abre desde hoxe e ata o 20 de marzo o prazo de presentación de solicitudes para a súa convocatoria anual de subvencións á creación escénica, segundo as bases publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG). A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), traballou na nova redacción destas axudas a partir das reunións mantidas ao respecto con Escena Galega, a principal asociación representante das empresas escénicas da nosa Comunidade. [+]
A Xunta e a Asociacin de Actores e Actrices renovan a sa colaboracin para organizar os Premios Mara Casares
[21/02/2020]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo, Jacobo Sutil, e o presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Xabier Deive, asinaron hoxe un convenio de colaboración polo que a Xunta de Galicia renova o seu apoio económico á organización dunha nova edición dos Premios de Teatro María Casares e a diferentes actividades de difusión asociadas á súa convocatoria. [+]
O ciclo Xacobeo Importa inicia a sa nova edicin con nove concertos confirmados ata finais de maio
[20/02/2020]
A Xunta colabora un ano máis co ciclo de concertos Galicia Importa, renomeado na súa novena edición como Xacobeo Importa no marco das actividades culturais previas á celebración do Xacobeo 2021. A nova temporada desta programación, organizada pola promotora galega Sweet Nocturna co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, arranca con nove concertos ata finais de maio que configuran unha proposta heteroxénea e de gran calidade artística. [+]

   Olladas