O mercado Galicia Escena PRO pecha a súa 10ª edición con máis de 500 reunións profesionais cara á contratación de espectáculos galegos
[02/06/2023]
Galicia Escena PRO, o mercado de artes escénicas promovido pola Xunta e organizado en colaboración coa asociación profesional Escena Galega, superou este ano o medio millar de xuntanzas concertadas entre os máis de 180 profesionais acreditados co fin de dinamizar a contratación de espectáculos galegos. [+]
Guionistas e televisións de 16 países reúnense na Ribeira Sacra da man da Xunta
[01/06/2023]
Medio centenar de guionistas, produtores e representantes de cadeas televisivas de 16 países asisten estes días no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, na Ribeira Sacra ourensá, ao cuarto e último encontro da primeira edición do European Writers Club, programa europeo liderado pola Xunta e a entidade danesa Vision Denmark. A súa estadía en Galicia está a supoñer, ademais, novas oportunidades de contactos internacionais para o noso audiovisual a través das sesións abertas á participación de profesionais galegos, promovidas pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense. [+]
As axudas da Xunta á modernización de teatros, auditorios e salas suman un investimento de máis de 2,4 millóns de euros en 82 espazos de toda Galicia
[31/05/2023]
A Xunta acaba de resolver a segunda convocatoria de axudas da liña destinada á modernización e xestión sustentable das infraestruturas de artes escénicas e musicais, que supón un novo investimento de 1,23M€ na mellora de 40 teatros, auditorios e salas de toda Galicia, dos que 33 son de titularidade pública e sete privados. Estas novas adxudicacións súmanse ás da primeira quenda de 2022, a través da que se achegaron 1,2 M€ a outros 46 espazos, catro deles tamén con proxectos subvencionados desta volta, de xeito que o alcance global deste programa extraordinario de apoio supera os 2,4 M€ en 82 infraestruturas.    [+]
A Xunta pon en marcha unha nova liña de axudas para a aceleración das artes escénicas galegas cunha inxección de máis de 330.000 euros
[29/05/2023]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases dunha nova liña de subvencións da Xunta de Galicia, a través da que se inxectarán 336.000 euros na aceleración cultural das artes escénicas galegas. O obxectivo desta convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, é impulsar a profesionalización empresarial do sector a través de proxectos que doten as entidades subvencionadas das ferramentas necesarias para mellorar as súas habilidades emprendedoras e financeiras no marco das industrias culturais.   [+]
A Xunta propicia o encontro de máis de 100 compañías galegas cos representantes de 75 festivais, feiras e espazos culturais no 10º Mercado Galicia Escena PRO
[26/05/2023]
Galicia Escena PRO, a feira de artes escénicas promovida pola Xunta e organizada en colaboración coa asociación profesional Escena Galega, celebra a semana que vén o seu décimo aniversario congregando durante catro días en Santiago de Compostela máis de 180 axentes do sector co obxectivo de dinamizar a contratación dos espectáculos de produción galega, ao tempo que impulsar a súa proxección social. Teñen confirmada a súa asistencia representantes de 75 feiras, festivais, circuítos e espazos culturais de dentro e fóra de Galicia e de máis de 100 compañías galegas e empresas de produción e distribución de teatro, danza e circo, sumando unha das maiores cifras de participación do evento.    [+]

Avisos

 AUDIOVISUAL

 AXUDAS AGADIC 2022

-HUB AUDIOVISUAL DA INDUSTRIA CULTURAL. Axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais individuais: adxudicación

 AXUDAS AGADIC 2023

-Subvencións para a aceleración cultural no ámbito das artes escénicas: convocatoria

-Cultura no Camiño. Subvencións para o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos galegos dos camiños de Santiago: adxudicación

-Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais: adxudicación da segunda quenda de música

-Subvencións a festivais do sector audiovisual: adxudicación

-Subvencións para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais e videoxogos en foros especializados e eventos de cine: segunda quenda de adxudicacións

-HUB AUDIOVISUAL INDUSTRIA CULTURAL. Subvencións a proxectos desenvolvidos por empresas galegas de exhibición cinematográfica de carácter comercial: adxudicación

-Subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura: adxudicación da segunda convocatoria

-Subvencións á modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas e musicais: adxudicación

 CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

-Proceso de selección de 18 prazas de actrices e actores para as producións 2022/2023 do Departamento de Produción Teatral da Agadic (CDG): renuncia e substitución dunha das persoas do elenco

 GALICIA ESCENA PRO 2023

 MÚSICA

-Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais

Carteleira

<<   Agosto 2023   >>
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 

 [04-xuño-2023]

EL CALLEJÓN DEL GATO
Ferrol

 [05-xuño-2023]

MARÉ
Santiago de Compostela

 [06-xuño-2023]

CICLO 7X7 NUEVAS PELÍCULAS CHECAS
A Coruña

Catálogos interactivos

Films from Galicia
Shorts from Galicia

Galería

Vídeos