A Xunta colabora coa Federación de Bandas de Música Populares nas novas edicións do seu certame e do concurso de composición
[14/08/2018]
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora un ano máis coa Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) para apoiar o labor de formación e divulgación desenvolvido polo colectivo, que reúne preto dun cento de formacións de toda Galicia. [+]
Bande, Arzúa, Caldas e Monforte acollen novas citas do ciclo Danza 3 de difusión da música e o baile tradicionais
[10/08/2018]
O programa de difusión da música e o baile tradicionais Danza 3 continúa o seu percorrido por Galicia con catro novas citas ata finais do mes de agosto en céntricas prazas das localidades de Bande (domingo día 12), Arzúa (xoves día 16), Caldas de Reis (tamén o día 16) e Monforte de Lemos (martes día 21). [+]
 Galicia será o territorio convidado de honor na edición de 2019 do Festival Intercéltico de Lorient
[09/08/2018]
Galicia será o territorio convidado de honor á vindeira edición do Festival Intercéltico de Lorient. Así o confirmou hoxe a propia organización do evento, que presentou nunha conferencia de prensa o cartel promocional da cita para o 2019, no que se fai referencia á 49ª edición como “O ano de Galicia”. A nova foi tamén publicada no propio web do festival.  [+]
A marca FEST Galicia e a subvención da Agadic centran o apoio da Xunta ao Festival Revenidas na súa 15ª edición
[08/08/2018]
O Festival Revenidas presentou hoxe a programación da súa décimo quinta edición, que se celebrará en Vilaxoán de Arousa (Vilagarcía de Arousa) do venres 17 ao domingo 19 de agosto con máis de 30 concertos en cartel, unha gala de circo, sesións de dub na praia e a súa tradicional sardiñada popular. [+]
Uxía e Rodrigo Romaní actúan esta semana no Festival de Lorient co apoio da Xunta
[07/08/2018]
Uxía e Rodrígo Romaní actúan esta semana no Festival Intercéltico de Lorient, encabezando a ampla delegación galega que desde o pasado día 3 participa neste histórico encontro da cultura celta. Os dous contan co apoio da Xunta a través das subvencións a distribución da Agadic, que cofinancia parte dos gastos da súa viaxe a esta localidade bretoa. [+]

Carteleira

<<   Setembro 2018   >>
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

 [17-agosto-2018]

O MAGO DEIMI
A Pobra do Brollón

 [17-agosto-2018]

CREACIÓNS MÁXICAS E AUDIOVISUAIS
Allariz

 [17-agosto-2018]

PISTACATRO PRODUTORA DE SOÑOS
Boiro

Catálogos interactivos

Films from Galicia
Shorts from Galicia
Longametraxes e series
(pdf, 5.72 MB)
Curtametraxes
(pdf, 782 KB)

Galería

Vídeos

   Olladas