O CDG ábrelle as portas do Salón Teatro á comedia 'O furancho' de Ibuprofeno
[19/02/2019]
A sede do Centro Dramático Galego no Salón Teatro de Santiago converterase esta semana nun “resort vitivinícola” para acoller a premiada comedia O furancho, da compañía Ibuprofeno Teatro. Marián Bañobre e Isabel Risco son as protagonistas desta montaxe, escrita e dirixida por Santiago Cortegoso, que poderá verse en Compostela do xoves 21 ao domingo 24. [+]
A Xunta colabora coa asociación Músicas ao Vivo na sexta edición dos Premios Martín Códax da Música
[15/02/2019]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e a presidenta da asociación Músicas ao Vivo, Sonia Lebedynski, asinaron un convenio mediante o que a Xunta renova o seu apoio á organización dos Premios Martín Códax da Música, que este ano alcanzan a súa sexta edición consolidados como unha das principais plataformas para lle dar recoñecemento social ao traballo dos profesionais da música en Galicia. [+]
O escritor César Antonio Molina enxalza o sentimento amoroso a través dun ciclo de cine no CGAI
[14/02/2019]
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)- Filmoteca de Galicia inicia o vindeiro martes 19 o ciclo Tan poderoso coma o amor, titulado como o libro que o escritor coruñés César Antonio Molina acaba de publicar no selo Destino. Este volume afonda no sentimento amoroso a través dunha escolma de cen clásicos do cinema mundial que van desde Camille (1921), de Ray C. Smallwood, ata La correspondencia (2016), de Giuseppe Tornatore, e que lle serven ao seu autor para reflexionar sobre o amor en clave filosófica, analizando como a sétima arte tratou o tema practicamente desde o seu nacemento. [+]
Os Premios de Teatro María Casares volven contar co apoio da Xunta para a organización da gala e das actividades paralelas
[12/02/2019]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e a presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Nieves Rodríguez, asinaron este mediodía o convenio de colaboración a través do que a Xunta de Galicia mantén o seu apoio económico á organización de diferentes actividades vinculadas á convocatoria dos Premios de Teatro María Casares. [+]
A Xunta promove o audiovisual galego no European Film Market da Berlinale cunha delegación da Agadic e 17 empresas
[11/02/2019]
O noso audiovisual preséntase estes días no European Film Market (EFM) de Berlín cunha ampla delegación comercial, coordinada pola Xunta a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da que forman parte 17 empresas produtoras e distribuidoras. Os seus representantes traballan xa na procura de acordos de coprodución, vendas e distribución internacional dentro deste importante mercado, que se desenvolve ata o vindeiro día 15 en paralelo á 69ª edición da Berlinale. [+]

Carteleira

<<   Setembro 2019   >>
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 
 
 

 [20-febreiro-2019]

AMANECER
A Coruña

 [20-febreiro-2019]

AMANECER
A Coruña

 [21-febreiro-2019]

ANGEL
A Coruña

Catálogos interactivos

Films from Galicia
Shorts from Galicia
Curtametraxes
(pdf, 782 KB)

Galería

Vídeos

   Olladas