O ciclo da Xunta 'Cultura no Camio' programa 284 actuacins en 76 concellos das 10 rutas xacobeas
[16/08/2019]
A Xunta de Galicia está a promover por sétimo ano consecutivo o ciclo Cultura no Camiño, que acolle, ata finais de setembro, 284 actuacións escénicas e musicais en 76 dos concellos polos que discorren as 10 rutas xacobeas en Galicia. Esta iniciativa, impulsada pola Consellería de Cultura e Turismo en colaboración cos municipios asociados en cada edición, volve contar ademais co patrocinio de Gadis.  [+]
A Xunta impulsa en Galicia o programa 'Camio Escena Norte' de intercambio cultural con Asturias, Cantabria e Pas Vasco
[14/08/2019]
A Xunta colabora co proxecto Camiño Escena Norte para impulsar a programación galega desta iniciativa de intercambio cultural co resto das comunidades autónomas polas que discorre a Ruta Xacobea do Camiño do Norte: Asturias, Cantabria e País Vasco. Con tal fin, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e a presidenta de Escena Galega e representante en Galicia do devandito programa, Belén Pichel, asinaron un convenio no que se especifican os dous eixos arredor dos que se desenvolverán as diferentes actividades: Itinerario Constelacións e Camiño Expandido. [+]
Va Lctea Filmes inicia a rodaxe da pelcula 'Mar Solinha' na ra de Vigo co apoio econmico da Xunta
[13/08/2019]
A produtora galega Vía Láctea Filmes presentou hoxe o inicio da rodaxe da súa próxima película, María Solinha, que se desenvolverá do 19 de agosto ao 20 de setembro en diferentes localizacións de Redondela, Cangas e a Illa de Toralla co apoio económico da Xunta de Galicia, entre outras achegas. En concreto, o novo filme do realizador Ignacio Vilar é o adxudicatario de 195.171 euros na última convocatoria de subvencións a producións e coproducións audiovisuais, que a Consellería de Cultura e Educación xestiona anualmente a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). [+]
Mis de 100.000 persoas gozaron da msica galega no Festival Intercltico de Lorient
[11/08/2019]
Máis de 100.000 espectadores asistiron desde o pasado 2 de agosto aos 66 concertos protagonizados por grupos e artistas galegos durante 49ª edición do Festival Intercéltico de Lorient, na que este histórico encontro da cultura celta celebrou o Année de la Galice (Ano da Galicia) coa colaboración da Xunta.  [+]
O ciclo patrocinado pola Xunta 'Dj's no Camio' chega a Ordes cun set especial de David Expsito, CDC e Marcos Magn
[09/08/2019]
A Xunta de Galicia colabora na realización do ciclo DJ’s no Camiño, que o vindeiro martes 13 recalará en Ordes, por onde transcorre o Camiño Inglés, cun set especial de David Expósito, CDC Djs e Marcos Magán. O espectáculo, terá lugar a partir das 23,30 h. na Alameda desta localidade coruñesa, como arranque das festas patronais de Santa María, e desenvolverase nun gran escenario de 20 metros, con 40.000 watios de son, seis pantallas xigantes, agasallos para o público e fogos de artificio. [+]

Carteleira

<<   Setembro 2019   >>
 
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 
 

 [18-agosto-2019]

CANTIGAS E AGARIMOS
Portomarn

 [20-agosto-2019]

UREAS
Laxe

 [22-agosto-2019]

LARRAITZ PRODUCINS ARTSTICAS
Boiro

Catálogos interactivos

Films from Galicia
Shorts from Galicia
Curtametraxes
(pdf, 782 KB)

Galería

Vdeos

   Olladas