A Xunta apoia a presentación no Festival de Cine de San Sebastián dos filmes 'Trote' e 'Gallo'
[19/09/2018]
A Xunta de Galicia contribúe á promoción na 66ª edición do Festival Internacional de Cine de San Sebastián das producións Trote e Gallo, encabezadas pola compañía galega Frida Films, que se presentan a próxima semana nas seccións competitivas Zabaltegi-Tabakalera e Zinemira, respectivamente. [+]
Sarabela Teatro estrea 'Celebración. A gran noite' cunha axuda á produción escénica da Agadic
[18/09/2018]
O Auditorio Municipal de Ourense acolle este xoves 20 e o venres 21 a estrea de Celebración. A gran noite, espectáculo co que Sarabela Teatro leva a escena un texto de Fernando Dacosta baixo a  dirección do vigués Dani Salgado. A montaxe materializa un dos 30 proxectos subvencionados este ano pola Xunta de Galicia a través da Agadic.  [+]
A Agadic contribúe á formación en danza co apoio ao taller que Diego Sinniger impartirá no festival Quincegotas
[17/09/2018]
O coreógrafo e bailarín barcelonés Diego Sinniger impartirá o próximo sábado 22 de setembro un taller de movemento no marco do festival coruñés Quincegotas, unha actividade formativa que conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para contribuír á promoción da danza. [+]
Cinemas de Galicia percorre Allariz, Bueu, Cangas, Cariño, Cedeira, Celanova e O Grove con 24 novas proxeccións
[15/09/2018]
Cinemas de Galicia, o circuíto de exhibición cinematográfica impulsado pola Consellería de Cultura e Educación a través da Axencia Galega de Industrias Culturais, inicia mañá o seu segundo ciclo de programación anual, que se desenvolverá ata decembro en sete concellos: Allariz, Bueu, Cangas, Cariño, Cedeira, Celanova e O Grove.  [+]
A Xunta subvenciona o 27º FIOT de Carballo, que exhibe 41 espectáculos co reto de incorporar ao público 'millennial'
[13/09/2018]
O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo desvelou hoxe a programación da súa vixésimo sétima edición, que do 28 de setembro ao 31 de outubro desenvolverá 41 espectáculos e diferentes accións paralelas arredor da exhibición e da formación escénica. A Xunta apoia o encontro a través da convocatoria de subvencións da Agadic. [+]

   Olladas