O CGAI avanza na sa homenaxe s directoras pioneiras e inicia unha retrospectiva sobre o cine negro de Robert Siodmak
[01/12/2020]
A programación que o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) desenvolve na súa sede da Coruña avanza este mes na súa homenaxe ás pioneiras do cinema, dedicándolle tres sesións a Lois Weber, quen tras comezar a súa traxectoria como actriz, se converteu na primeira muller en dirixir unha longametraxe e nunha activa realizadora durante a segunda década do século XX. Tamén en decembro dá comezo unha ampla retrospectiva dos filmes do director xermano-estadounidense Robert Siodmak, un dos mestres do cinema negro e responsable do seu renacer en Hollywood. [+]
A Xunta leva a Culturgal as experiencias da Cidade da Cultura e o Centro Dramtico Galego fronte  covid
[29/11/2020]
A Xunta de Galicia, patrocinador principal da 13ª edición de Culturgal en Pontevedra, centra as presentacións da última xornada da feira na programación das novidades da Cidade da Cultura para a tempada de outono-inverno e nas estratexias do Centro Dramático Galego (CDG) fronte á covid-19. [+]
 A Xunta avanza en Culturgal as lias da sa programacin para o ano 2021 co obxectivo de que a cultura siga de xeito seguro
[28/11/2020]
A Xunta de Galicia volve a estar presente un ano máis como patrocinador principal en Culturgal, a gran cita das industrias culturais que celebra desde onte a súa 13ª edición con máis de 70 propostas culturais nos ámbitos da música, escena, literatura, arte e ciencia. Trátase dunha edición marcada pola crise sanitaria que se leva a cabo adaptándose ás restricións sanitarias a través dunha ambiciosa retransmisión en liña que busca abrirse a un público máis numeroso. [+]
A Xunta de Galicia presenta a nova campaa cultural centrada no fomento do consumo por parte da cidadana
[27/11/2020]
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe no Pazo da Cultura de Pontevedra a nova campaña para fomentar a cultura que a Xunta de Galicia pon en marcha de cara aos próximos meses. Trátase dunha estratexia centrada na dinamización do consumo e na importancia de programar actividades seguras, que se enmarca nas actividades impulsadas ao abeiro do Plan de reactivación cultural. [+]
A Xunta pon en marcha o programa 'Os segredos do Saln Teatro' de visitas en lia para colexios e institutos
[26/11/2020]
O Centro Dramático Galego (CDG) acaba de abrir a convocatoria para o seu programa Os segredos do Salón Teatro. Visitas en liña ao corazón do teatro, dirixido a centros educativos de Primaria e de Secundaria de toda Galicia. Con motivo da conmemoración do centenario do Salón Teatro, edificio no que ten a súa sede, a compañía pública retoma as súas actividades escolares, adaptándoas á actual situación sanitaria para o seu desenvolvemento de xeito virtual. [+]

   Olladas