
[31/03/2023]
A Filmoteca de Galicia inicia mañá a súa programación de abril, na que destacan as dúas primeiras sesións da retrospectiva que lle dedicará ata maio ao documentalista alemán Peter Nestler. Ao tempo, a cinemateca da Xunta avanzará no ciclo sobre a cineasta xaponesa Kinuyo Tanaka e poralle fin a outros dous especiais que vén desenvolvendo nos últimos meses sobre o iraniano Abbas Kiarostami e a húngara Márta Mészáros.
[+]
[31/03/2023]
A Xunta publica hoxe o seu Plan Integral para a Danza de Galicia como documento resultante dun proceso aberto e participativo co sector no que se definen 35 medidas concretas, estruturadas en catro liñas e 17 obxectivos estratéxicos para un maior e mellor desenvolvemento nos ámbitos da exhibición e distribución, creación e produción, profesionalización e formación, e visibilidade e creación de públicos. [+]
[30/03/2023]
A Xunta de Galicia acaba de adxudicar a súa convocatoria anual de axudas a salas de artes escénicas de titularidade privada mediante a que en 2023 inviste 200.000 euros no funcionamento dos espazos vigueses Sala Ártika e Teatro Ensalle e os coruñeses Teatro del Andamio e Sala Gurugú, aos que se lles recoñece o seu papel ao servizo da difusión e da creación de públicos para o sector. [+]
[29/03/2023]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou esta mañá nas presentacións do Carballo Interplay e da (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña, dúas citas audiovisuais que veñen contando co apoio económico da Xunta de Galicia a través da convocatoria anual de subvencións para festivais do sector. As axudas deste ano atópanse actualmente en proceso de resolución cara á adxudicación da súa dotación de 225.000 euros. [+]
[28/03/2023]
Máis de 60 persoas están a participar hoxe na xornada Diálogos de danza. Unha ponte entre a creación e a programación, que ten lugar na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, baixo a organización da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. O encontro insírese no marco das medidas recollidas no Plan Integral para a Danza de Galicia, elaborado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades a partir dun proceso aberto e participativo co sector, que fai fincapé na necesidade de abrir foros periódicos de colaboración e debate cara ao deseño de novas iniciativas de impulso e promoción no ámbito da danza e as artes do movemento. [+]Avisos
AXUDAS AGADIC 2023
-Subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada: adxudicación
-Subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos: convocatoria
-Subvencións a festivais música e de artes escénicas: convocatoria
-Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais: convocatoria
CENTRO DRAMÁTICO GALEGO
CIRCUÍTOS DE ESPECTÁCULOS
MÚSICA
-Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais
OUTRAS AXUDAS
Carteleira
Vídeos
Olladas
|
|
|