A Agadic promove o audiovisual galego no mercado da Berlinale xunto con 10 empresas do sector
[16/02/2018]
A Agadic promove o audiovisual galego no European Film Market de Berlín baixo a marca ‘Films from Galicia’ xunto con 10 empresas produtoras e distribuidoras que operarán ata o vindeiro día 23 neste encontro profesional paralelo á Berlinale. A delegación complétase co Clúster Audiovisual Galego, a Academia Galega do Audiovisual e Conecta FICTION.  [+]
O Centro Dramático Galego inicia os ensaios de 'Divinas palabras' cara á súa estrea o 12 de abril
[15/02/2018]
O equipo artístico e técnico de Divinas palabras, a nova produción que o Centro Dramático Galego (CDG) estreará o 12 de abril no Salón Teatro de Santiago de Compostela, acaba de iniciar neste escenario os ensaios da que será a primeira versión en lingua galega da coñecida obra de Ramón María del Valle-Inclán. [+]
 A Rede Galega de Música ao Vivo achégalle ao público vigués 22 concertos durante este semestre
[14/02/2018]
Vigoé unha das 14 localidades galegas que contan con salas asociadas á Rede Galega de Música ao Vivo, no marco da que o público vigués pode gozar de 22 concertos durante o primeiro semestre de 2018. Entre eles, o que Tato Trío ofrecerá este venres, ás 22,30 h., en La Pecera, local que é unha das novas incorporacións ao circuíto da Xunta. [+]
A Xunta reforza a segunda edición de Conecta FICTION cun festival de series televisivas aberto ao público
[13/02/2018]
A segunda edición de Conecta FICTION, que terá lugar en Santiago do 18 ao 21 de xuño, incluirá un festival de series aberto ao público xeral, co que se completará a dimensión profesional dun evento que abrangue xa todos os xéneros e etapas da ficción televisiva: xestación, programación, emisión, financiamento e contacto entre socios coprodutores. [+]
O catálogo 'Films from Galicia' dá conta da actual produción audiovisual con 43 novos títulos
[12/02/2018]
A Agadic acaba de publicar o catálogo Films from Galicia 2018, co obxectivo de lle dar difusión ás novas producións do audiovisual galego nos principais mercados internacionais do sector. Esta edición ofrece información sobre 43 novos títulos de cinema e televisión que veñen de finalizar a súa produción recentemente ou aínda en fase de proxecto. [+]

   Olladas