A Xunta achgalle 24 actividades de dinamizacin e promocin ao programa da 12 edicin de Culturgal
[22/11/2019]
A Xunta mantén o seu apoio á feira das industrias culturais Culturgal como principal patrocinadora da súa 12ª edición, que terá lugar do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo de Cultura de Pontevedra. A organización anunciou hoxe a programación completa do evento, que ofrece importantes novidades baixo o lema Dálle unha volta á feira e á que a Consellería de Cultura e Turismo lle achega 24 actividades de dinamización e promoción, ademais de volver contar cun expositor propio. [+]
A Xunta colabora co Clster Audiovisual Galego na procura de acordos para novos proxectos de cinema e televisin
[20/11/2019]
A Xunta volve prestarlle apoio ao Clúster Audiovisual Galego (Clag) no desenvolvemento do seu encontro profesional I+P. Ideas para producir, que está a celebrar a súa 13ª edición no Pazo da Cultura de Pontevedra. A xornada arrancou esta mañá coa sesión de pitchings, na que se están a presentar 18 propostas –a meirande parte delas, galegas– diante dos responsables de contidos de destacadas canles de televisión, produtoras e distribuidoras, á que seguirán pola tarde as reunións personalizadas pola organización na procura de posibles acordos cara á materialización destes proxectos. [+]
As axudas da Xunta  distribucin de espectculos contriben  presenza da msica e da escena galegas nunha vintena de pases
[19/11/2019]
A Xunta apoia a presenza da música e das artes escénicas galegas en diferentes localidades españolas e doutra vintena de países a través da adxudicación este ano de 460.000 en axudas para actividades de distribución nas industrias culturais. A Consellería de Cultura e Turismo completou esta convocatoria anual de subvencións coa publicación da cuarta e última quenda de adxudicacións na nosa web.  [+]
O V Encontro de Coproducin Audiovisual Portugal-Galicia rene en Arnoia 51 empresas na procura de novos proxectos conxuntos
[14/11/2019]
Máis de 70 profesionais de 51 empresas de ambas as beiras do Miño participan no V Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia, que se desenvolve hoxe e mañá no balneario da localidade ourensá de Arnoia. A Xunta e o Goberno luso organizan este foro bilateral, que continúa aumentando progresivamente tanto en nivel de participación como en acordos de colaboración e coprodución acadados ao seu abeiro.  [+]
A Xunta pon en marcha a nova convocatoria para a admisin de salas na Rede Galega de Msica ao Vivo
[13/11/2019]
A Xunta mantén aberto ata o 9 de decembro o prazo de solicitude da nova convocatoria de admisión de salas na súa Rede Galega de Música ao Vivo, que durante o presente ano terá ofrecido 200 concertos nos 20 locais asociados na actualidade. A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), xestiona e asume o 90% do orzamento deste circuíto profesional, que conta con máis de 170.000 euros para a súa carteleira de 2019. [+]

Carteleira

<<   Novembro 2019   >>
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 

 [23-novembro-2019]

THE HENDERSONS
Santiago de Compostela

 [23-novembro-2019]

LOS WAVY GRAVIES
Cangas

 [23-novembro-2019]

AL DJANGO CUARTETO
Vigo

Catálogos interactivos

Films from Galicia
Shorts from Galicia
Curtametraxes
(pdf, 782 KB)

Galería

Vdeos

   Olladas