A Xunta colabora coa Fundacin Paideia nunha nova edicin das xornadas sobre industria musical
[23/01/2020]
A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), colabora un ano máis coa Fundación Paideia Galiza no desenvolvemento das súas xornadas sobre a industria musical que, nesta edición, levan por título Fronteiras, condicións de traballo e marcas. Estes tres eixos temáticos serán obxecto de análise nos coloquios que terán lugar na sede da fundación na Coruña os días 6 de febreiro, 5 de marzo e 2 de abril, respectivamente. [+]
O Concello de Ames ofrece 11 funcins de oito espectculos dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios
[22/01/2020]
O Concello de Ames ofreceralle ao público ata o mes de abril un total de 11 funcións de oito espectáculos galegos nas casas da cultura de Milladoiro e de Bertamiráns como escenarios asociados á Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA). A carteleira cuadrimestral amesá, integrada polas compañías Chévere, A Gramola Gominola, Contraproducións, Xampatito Pato, Teatro da Ramboia, Excéntricas, Talía Teatro e Fran Sieira, forma parte das 328 actuacións que este circuíto cultural promovido pola Xunta de Galicia está a desenvolver durante este primeiro semestre do ano en 40 localidades do país.  [+]
A Xunta apoia a organizacin na Cidade da Cultura do I Congreso Internacional do Teatro Galego
[22/01/2020]
A Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acollerá do 25 ao 28 de marzo o I Congreso Internacional do Teatro Galego, para o que a Academia Galega de Teatro contará co apoio económico da Xunta de Galicia, entre outras entidades. A súa organización presentou hoxe o programa de conferencias, mesas de traballo, comunicacións e presentacións de proxectos e publicacións, arredor do que se reunirán máis de medio centenar de profesionais que desenvolven a súa actividade en diferentes ámbitos do sector tanto en Galicia como no resto de España e noutros países, como Portugal e México. [+]
O director da Agadic participa nunha xornada sobre a danza en Galicia organizada polo Consello da Cultura Galega
[22/01/2020]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou esta tarde na xornada O estado da danza de Galicia, organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG) para a elaboración posterior dun informe de diagnóstico sobre o momento creativo actual que vive esta disciplina escénica, os seus condicionantes específicos de produción, formación e distribución, así como os apoios que recibe desde as distintas administracións.  [+]
A Xunta impulsa a primeira feira profesional de msica entre Galicia e Portugal MUMI como parte de 'O teu Xacobeo'
[21/01/2020]
A Xunta de Galicia impulsa a posta en marcha do MUMI Verín’20, I Encontro Profesional de Música Galicia-Portugal, que terá lugar nesta localidade ourensá do 12 ao 14 de marzo como unha das iniciativas apoiadas polo programa da Consellería de Cultura e Turismo O teu Xacobeo. [+]

   Olladas