
[17/08/2022]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria anual de subvencións da Xunta ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais individuais, para a que reserva un orzamento de 300.000 euros. Esta cifra destinarase aos diferentes traballos que teñan lugar na fase de preprodución de películas e series galegas para cinema e televisión cara á súa produción e rodaxe en anos posteriores. [+]
[14/08/2022]
Benditos Malditos, a banda que acompaña a Joaquín Sabina nos seus concertos e gravacións desde hai máis de 25 anos, fará soar en Galicia os clásicos do cantautor xienense cun orixinal espectáculo que poderá verse o 19 de agosto en Lugo, o 24 en Sanxenxo e o 25 en Santiago de Compostela. A Xunta patrocina estes tres concertos, ao abeiro da programación cultural do Xacobeo 21-22, nos que o grupo estará acompañado por Carlos García-Boente, vocalista de La Penúltima Sabinera, formación de tributo ao compositor de temas tan coñecidos como 19 días y 500 noches ou Y sin embargo.
[+]
[08/08/2022]
A Xunta de Galicia acaba de facer pública a resolución de concesión da súa convocatoria anual de subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais, a través da que inviste 2,5 millóns de euros en 14 novos filmes e series presentados por 13 empresas galegas do sector. Trátase da liña de axudas de maior dotación das oito que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades publicará este ano especificamente para o audiovisual galego, tanto a través do programa anual de fomento do seu departamento de Industrias Culturais como do apoio extraordinario que están a supoñer as diferentes medidas habilitadas no marco do Hub Audiovisual.
[+]
[05/08/2022]
A Xunta de Galicia contribúe ás programacións culturais de Burela, Foz, Viveiro e Ribadeo con 24 actuacións artísticas que se ofrecerán neste segundo semestre a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios. O cartel en Burela deste circuíto de exhibición de espectáculos, cofinanciado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades xunto ás entidades locais asociadas, arrancará mañá cun concerto da Banda da Loba. A formación presentará o seu novo disco, Xabón Lagarta, ás 22,00 h. na praza do Concello.
[+]
[04/08/2022]
Festaclown regresa a Vilagarcía de Arousa do 17 ao 21 de agosto cunha vintena de actuacións de compañías e artistas de referencia no mundo do circo, tanto dentro como fóra de Galicia. Durante cinco días sucederanse en diferentes espazos da localidade espectáculos de acrobacias, música, narración e clown, que conforman no seu conxunto un amplo programa escénico para o que a organización conta un ano máis co apoio económico da Xunta. [+]Avisos
AUDIOVISUAL
-Spanish Screenings On Tour: convocatorias abertas (xeral e proxectos en desenvolvemento)
AXUDAS AGADIC 2022
-Subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos: adxudicación
-Subvencións a festivais de artes escénicas e de música: adxudicación
-Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais: adxudicación
-Subvencións á creación escénica: adxudicación
-HUB AUDIOVISUAL DA INDUSTRIA CULTURAL: Instrucións detalladas relativas ás obrigas de publicidade
CENTRO DRAMÁTICO GALEGO
DANZA
-Centro Coreográfico Galego: Formación en danza para profesionais
Carteleira
Vídeos
Olladas
|
|
|