Galicia Importa ofrece en Lugo o primeiro concerto galego do guitarrista Broadbent en colaboración coa Agadic
[17/10/2018]
O ciclo Galicia Importa entra na recta final da súa edición de 2018, dentro da que o domingo 28 tocará en Lugo o guitarrista británico Jack Broadbent, na que será a súa primeira actuación na nosa Comunidade. Este será, ademais, o penúltimo dos cinco concertos incluídos no cartel deste ano, que supuxo o regreso aos escenarios desta iniciativa musical organizada pola promotora Sweet Nocturna en colaboración coa Agadic. [+]
A Rede Galega de Teatros e Auditorios celebra a súa asemblea xeral coa ollada posta nun novo modelo de xestion
[16/10/2018]
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) reuniu hoxe na Cidade da Cultura de Galicia os responsables dos espazos integrados na Rede Galega de Teatros e Auditorios con motivo da asemblea xeral deste circuíto, na que –entre outros temas– se abordou a próxima posta en marcha do seu novo modelo de xestión. [+]
'Films from Galicia' viaxa ao mercado MIPCOM de Cannes cunha delegación encabezada pola Agadic e oito produtoras
[13/10/2018]
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e oito produtoras audiovisuais integran a delegación comercial de Films from Galicia na 29ª edición do mercado MIPCOM de Cannes, que se celebra do 15 ao 18 de outubro nesta cidade francesa. Trátase da meirande feira mundial para a compra-venda de contidos audiovisuais de entretemento. [+]
O Festival Internacional Galicreques programa 23 compañías de sete países co apoio da Xunta
[11/10/2018]
O Festival Internacional Galicreques adiantou hoxe a carteleira completa da súa 23ª edición, que do 13 ao 21 de outubro programará en Santiago máis de 50 funcións a cargo de 23 compañías de sete países. A Xunta  volve apoiar o labor de difusión do teatro de monicreques que leva a cabo este evento, adxudicatario dunha das subvencións da Agadic a festivais escénicos. [+]
Formato Producciones preestrea no CGAI o documental subvencionado pola Xunta 'Almoina, o heroe infame'
[10/10/2018]
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia acolleu esta tarde a preestrea do documental de Formato Producciones ‘Almoina, o heroe infame’, dirixido polo realizador, escritor e guionista Breogán Riveiro. Esta longa para televisión sobre a controvertida e esquecida figura do lucense José Almoina Mateos foi realizada co apoio da Consellería de Cultura e Turismo. [+]

   Olladas