A Xunta impulsa o talento audiovisual coa adxudicacin de 156.000 euros en axudas a 15 guins, curtas e longametraxes
[26/06/2019]
A Consellería de Cultura e Turismo impulsa o novo talento audiovisual galego a través dunha liña específica de subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), que acaba de resolver a súa convocatoria de 2019 coa adxudicación de 156.000 euros a 15 novos proxectos de escrita de guión e de produción de curtas e longametraxes. [+]
O CDG repn 'Neorretranca e posmorria' no Saln Teatro cun encontro co pblico e funcins inclusivas e de conciliacin
[26/06/2019]
O Centro Dramático Galego (CDG) repón no Salón Teatro de Santiago o seu espectáculo Neorretranca e posmorriña, dirixido por Gena Baamonde, que poderá verse na sede da compañía pública entre mañá xoves e o vindeiro domingo, antes de se despedir do público o 5 de xullo cunha función no Teatro Afundación de Vigo. [+]
A Xunta e Ficcin Producciones preparan a rodaxe de '3Caminos', primeira serie internacional e transmedia sobre a Ruta Xacobea
[25/06/2019]
O Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presentou hoxe en Santiago de Compostela o inicio da produción de 3Caminos, primeira serie de televisión internacional e transmedia sobre o Camiño de Santiago, que encabeza a empresa compostelá Ficción Producciones. Esta historia sobre as vivencias compartidas ao longo do tempo por cinco mozos peregrinos doutros tantos países conta cunha achega de máis 1,5 millóns de euros por parte da Xunta, como adxudicataria da convocatoria dunha subvencións específica da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para obras audiovisuais que difundan os valores do Camiño e a imaxe de Galicia de cara ao Xacobeo 21. [+]
A Xunta de Galicia leva a 79 concellos das 10 rutas xacobeas o programa Cultura no Camio
[21/06/2019]
A sétima edición do circuíto da Xunta de Galicia Cultura no Camiño desenvolverase ata o 30 de setembro deste ano en 79 dos concellos polos que discorren as 10 rutas xacobeas en Galicia. Todos eles son beneficiarios das subvencións convocadas pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a Axencia Turismo de Galicia, para a contratación de actuacións escénicas e musicais ao abeiro deste programa, no que se volve contar co patrocinio de Gadis. [+]
A Xunta promove preto de 200 concertos nas 20 salas da Rede Galega de Msica ao Vivo
[20/06/2019]
A Rede Galega de Música ao Vivo, circuíto promovido pola Xunta en colaboración con 20 salas de 14 localidades, achégalle ao público unha oferta de 199 concertos de 54 solistas e grupos, maioritariamente galegos. A programación, que arrancou a mediados deste mes de xuño e se estenderá ata decembro, conta cun orzamento de máis de 170.000 euros, dos que un 90% é asumido pola Consellería de Cultura e Turismo a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), mentres que o 10% restante corre a cargo dos locais asociados. [+]

   Olladas