A Xunta pon en marcha a nova convocatoria para a admisin de salas na Rede Galega de Msica ao Vivo
[13/11/2019]
A Xunta mantén aberto ata o 9 de decembro o prazo de solicitude da nova convocatoria de admisión de salas na súa Rede Galega de Música ao Vivo, que durante o presente ano terá ofrecido 200 concertos nos 20 locais asociados na actualidade. A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), xestiona e asume o 90% do orzamento deste circuíto profesional, que conta con máis de 170.000 euros para a súa carteleira de 2019. [+]
A novena edicin da Master Class AuGAL ofrcelle ao alumnado dous obradoiros e seis sesins arredor dos oficios audiovisuais
[12/11/2019]
A novena edición de AuGAL, a Master Class do Audiovisual Galego, arranca esta tarde coa conferencia Novas propostas de narración audiovisual, que o realizador Pepelu Viñas Orta ofrecerá ás 16,00 h. na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra. Alí desenvolveranse tamén os dous obradoiros e as outras cinco sesións incluídas no novo programa desta iniciativa, que promoven ata o vindeiro 18 de decembro a Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade de Vigo. [+]
O director da Agadic visita a rodaxe na illa de Ons do novo filme de Alfonso Zarauza
[11/11/2019]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, compartiu esta tarde unha das xornadas de rodaxe co equipo do filme Ons, que se está a gravar integramente na illa que lle dá título. A produción do novo filme de Alfonso Zarauza está encabezada por Maruxiña Film Company, que conta para a súa realización cunha subvención de preto de 240.000 euros por parte da Xunta de Galicia. [+]
A Xunta apoia a promocin dos filmes 'Arima' e 'Longa noite' no 16 Festival de Sevilla
[11/11/2019]
O audiovisual galego está representado na selección do Festival de Cine Europeo de Sevilla (SEFF) a través das películas Arima, de Jaione Camborda, e Longa noite, de Eloy Enciso, que contan co apoio da Xunta de Galicia para a súa promoción neste encontro. O certame andaluz está a celebrar a súa décimo sexta edición desde o pasado venres e ata o día 16 coa cinematografía europea como protagonista. [+]
Dezaseis novas pelculas e series galegas inician a sa preproducin con subvencin da Xunta
[08/11/2019]
A Xunta publica hoxe na web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) a adxudicación da convocatoria anual de subvenciónspara o desenvolvemento de proxectos audiovisuais, a través da que achega 260.000 euros aos traballos de preprodución de 16 futuras películas e series para cinema e televisión. As propostas beneficiarias de 2019 son sete novas longametraxes de ficción, tres series e miniseries televisivas, catro documentais e dous traballos de animación. [+]

Carteleira

<<   Decembro 2019   >>
 
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 

 [13-novembro-2019]

ATORMENTADA
A Corua

 [13-novembro-2019]

ATORMENTADA
A Corua

 [14-novembro-2019]

MARS SONORAS
Santiago de Compostela

Catálogos interactivos

Films from Galicia
Shorts from Galicia
Curtametraxes
(pdf, 782 KB)

Galería

Vdeos

   Olladas