A Xunta de Galicia presenta a nova campaa cultural centrada no fomento do consumo por parte da cidadana
[27/11/2020]
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe no Pazo da Cultura de Pontevedra a nova campaña para fomentar a cultura que a Xunta de Galicia pon en marcha de cara aos próximos meses. Trátase dunha estratexia centrada na dinamización do consumo e na importancia de programar actividades seguras, que se enmarca nas actividades impulsadas ao abeiro do Plan de reactivación cultural. [+]
A Xunta pon en marcha o programa 'Os segredos do Saln Teatro' de visitas en lia para colexios e institutos
[26/11/2020]
O Centro Dramático Galego (CDG) acaba de abrir a convocatoria para o seu programa Os segredos do Salón Teatro. Visitas en liña ao corazón do teatro, dirixido a centros educativos de Primaria e de Secundaria de toda Galicia. Con motivo da conmemoración do centenario do Salón Teatro, edificio no que ten a súa sede, a compañía pública retoma as súas actividades escolares, adaptándoas á actual situación sanitaria para o seu desenvolvemento de xeito virtual. [+]
A Xunta colabora no 14 'pitching' do Clster Audiovisual Galego para impulsar novos proxectos de cinema e televisin
[24/11/2020]
A Xunta de Galicia colabora un ano máis co Clúster Audiovisual Galego na organización do encontro profesional I+P. Ideas para producir, que celebra a súa 14ª edición hoxe e mañá cun formato adaptado para o seu desenvolvemento en liña. Así se presentaron esta mañá os 18 novos proxectos de cinema e televisión seleccionados para o pitching, que foi seguido en directo polos responsables de contidos de destacadas canles de televisión, plataformas produtoras e distribuidoras. Tras el, terán lugar as reunións “un a un” personalizadas polo Clúster na procura de posibles acordos cara á materialización destas propostas. [+]
Galicia convrtese durante dez das no escaparate do circo a nivel estatal co Congreso CircoRed e o Encontro D10!
[24/11/2020]
A Xunta de Galicia apoia a promoción do novo circo galego coa súa colaboración para celebrar en Santiago de Compostela o IV Congreso CircoRed  da Federación de Asociacións de Profesionais do Circo de España e o V Encontro D10! de Formación e Innovación en Circo que organiza a compañía galega Pistacatro. Os dous eventos desenvolveranse desde a Cidade da Cultura, cun formato profesional maioritariamente en liña no caso do congreso e con funcións para o público xeral nos teatros da cidade como complemento ao perfil máis artístico do D10!.    [+]
A Xunta renova o compromiso con Culturgal na aposta por levar o evento a mis pblico cunha ampla retransmisin en lia
[20/11/2020]
A Xunta de Galicia renova un ano máis o seu compromiso con Culturgal como principal patrocinadora do evento, ao que apoia no seu labor de proxección social das industrias cultuais galegas e especialmente na súa adaptación ás actuais restricións sanitarias a través dunha ambiciosa retransmisión en liña que busca abrirse a un público máis numeroso. Con tal fin, un amplo equipo audiovisual súmase a esta 13ª edición para ofrecer 20 horas de emisión, que recollerán a meirande parte da programación que se desenvolverá o sábado 28 e o domingo 29 en Pontevedra. [+]

   Olladas