A pera folk 'Mara Solia' escenifcase en Lugo dentro da programacin da Xunta para o Xacobeo 21-22
[03/12/2021]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, asistiu a un dos últimos ensaios da ópera folk galega María Soliña, que se escenifica mañá sábado 4 no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo. A produtora galega Nalgures conta para a súa representación co apoio económico da Xunta a través da convocatoria extraordinaria de subvencións para espectáculos musicais como parte da programación do Xacobeo 21-22. [+]
Nova Galega de Danza, Colectivo Glovo e Javier Martn estrean tres espectculos coproducidos pola Xunta
[02/12/2021]
O calendario de estreas do programa de coproducións de danza que a Xunta desenvolve a través do Centro Coreográfico Galego entra na súa recta final con tres citas esta semana. Mañá venres terán lugar as primeiras funcións de Nova Galega de Danza co espectáculo Credo nas Pontes de García Rodríguez e de Colectivo Glovo con Tabú en Lugo, mentres que Javier Martín exhibirá este sábado en Oleiros Figuras do limiar, na que será a súa presentación en Galicia tras ver a luz o pasado 12 de  novembro no Teatro El Musical de Valencia. [+]
Avanza a rodaxe no Xurs do filme de ngeles Huerta 'O corpo aberto', producido con subvencin da Xunta
[01/12/2021]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, visitou o equipo do filme O corpo aberto durante unha nova xornada de rodaxe no concello ourensán de Muíños, onde se sitúan varias das localizacións da que é a primeira longametraxe de ficción da realizadora Ángeles Huerta. A Xunta de Galicia achégalle máis de 250.000 euros a esta longametraxe encabezada pola empresa galega OlloVivo mediante a liña de subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego. [+]
O director de Industrias Culturais sublia a oportunidade de crecemento que o Hub Audiovisual da Xunta lle ofrece ao sector en Galicia
[01/12/2021]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou hoxe na apertura da sesión de pitching do encontro I+P Ideas para producir cun relatorio sobre o Hub Audiovisual da Industria Cultural, no que incidiu na oportunidade de recuperación e de crecemento que este novo programa da Xunta de Galicia lles ofrece aos profesionais do cinema e da televisión. Este evento profesional celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra baixo a organización do Clúster Audiovisual Galego, para o que volve contar coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. [+]
A pera cmica 'A sombra de Cristal' estrase no marco da programacin sinfnica da Xunta polo Xacobeo 21-22
[30/11/2021]
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou esta mañá na presentación da ópera cómica A sombra de Cristal, unha coprodución do Centro Dramático Galego (CDG), a Real Filharmonía de Galicia e a Asociación de Amigos da Ópera de Santiago. A obra estrearase o vindeiro 9 de decembro no marco da programación sinfónica da Xunta de Galicia para este Xacobeo 21-22. [+]

Carteleira

<<   Decembro 2021   >>
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 

 [03-decembro-2021]

GALEATRO PRODUCINS ESCNICAS
Sada

 [03-decembro-2021]

OLIVAS NEGRAS
O Barco de Valdeorras

 [03-decembro-2021]

CHVERE
A Corua

Catálogos interactivos

Films from Galicia
Shorts from Galicia

Galería

Vdeos

   Olladas