Ana Abad de Larriva obtén a Bolsa de dramaturxia impulsada pola Xunta e o sector teatral coa escrita 'Bailar no ceo'
[25/05/2022]
O proxecto de escrita Bailar no ceo da actriz e dramaturga Ana Abad de Larriva resultou gañadora da segunda edición da Bolsa de dramaturxia impulsada polo Centro Dramático Galego (CDG) e diversos colectivos do sector teatral e cultural galego. Ao abeiro da iniciativa, a autora recibirá 6000 euros para desenvolver un texto que será levado a escena en 2023 como coprodución da unidade teatral da Xunta, a cargo da compañía que gañe a seguinte fase de selección, centrada na creación do espectáculo. [+]
O Centro Dramático Galego e Sarabela Teatro estrean a coprodución 'Asemblea xeral' este venres no Barco de Valdeorras
[24/05/2022]
O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este venres no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras a coprodución Asemblea xeral, de Sarabela Teatro. Así se anunciou hoxe nunha rolda de prensa na que participou o director da unidade teatral da Xunta, Fran Núñez. Así, a sesión inaugural da montaxe terá lugar ás 21,00 h. na vila natal e no espazo que leva o nome do coautor do texto, que se leva a escena con dirección de Fina Calleja. As entradas poden adquirirse de xeito anticipado no establecemento local Ton y Son e no propio día no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. [+]
Román Rodríguez visita o equipo da longametraxe 'Honeymoon' na recta final da súa rodaxe en Galicia
[24/05/2022]
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou o equipo de Honeymoon, a nova longametraxe do realizador galego Enrique Otero, durante unha das súas últimas xornadas de rodaxe en Galicia que tivo lugar no set instalado na urbanización A Palloza, en Teo (A Coruña). Esta é unha das localizacións da área compostelá onde se está a desenvolver a filmación, tras o seu paso por Ourense, Culleredo, Arteixo, O Grove e Santiago de Compostela ao longo das súas seis semanas con 32 xornadas de traballo na nosa Comunidade. [+]
A Xunta e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia estrean dúas pezas audiovisuais sobre María Casares en conmemoración do centenario da actriz
[20/05/2022]
A conmemoración do centenario da actriz María Casares conta cunha nova achega audiovisual coa estrea de dúas pezas realizadas pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) co apoio da Xunta no marco do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021. Baixo o título María Casares: Voces para un centenario, ambas as fitas conforman un díptico que retrata a emblemática actriz desde diferentes perspectivas e que xa pode verse na canle de YouTube da Secretaría Xeral de Política Lingüística como María Casares. O deber da memoriae María Casares e o Festival de Avignon.  [+]
A Xunta abre a convocatoria do novo fondo de axudas do Hub Audiovisual para o desenvolvemento de videoxogos con 500.000
[20/05/2022]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as  bases das novas axudas para a promoción de videoxogos, que a Xunta dota cun fondo de 500.000 euros a través do Hub Audiovisual da Industria Cultural. Este investimento reverterá na realización dun mínimo de oito novos proxectos de videoxogos, que deberán ser desenvolvidos ata o 1 de xullo de 2023 por profesionais ou pemes con sede na nosa Comunidade. [+]

Avisos

 AXUDAS AGADIC 2022

-HUB AUDIOVISUAL DA INDUSTRIA CULTURAL. Axudas para a promoción de videoxogos

-HUB AUDIOVISUAL DA INDUSTRIA CULTURAL. Selección de empresas e proxectos que participarán no programa do Polo de aceleración do sector dos videoxogos

-HUB AUDIOVISUAL DA INDUSTRIA CULTURAL. Subvencións para a promoción e difusión de proxectos musicais profesionais

-Subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais: adxudicación da primeira convocatoria

-Subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura

-Subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada: adxudicación

-Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais: convocatoria

-Subvencións a festivais do sector audiovisual: adxudicación

-HUB AUDIOVISUAL DA INDUSTRIA CULTURAL. Axudas para o fomento e a promoción de rodaxes audiovisuais que favorezan a recuperación económica do sector: segunda convocatoria

-HUB AUDIOVISUAL DA INDUSTRIA CULTURAL: Instrucións detalladas relativas ás obrigas de publicidade

-Subvencións dos Fondos de NextGenerationEU e Mecanismo de Recuperación e Resiliencia: requisitos de comunicación e publicidade

 BOLSA DE DRAMATURXIA E CREACIÓN

-Resolución de selección do proxecto de escrita dramática

 CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

-Proceso de selección de 18 prazas de actrices e actores para as producións 2022/2023 do Departamento de Produción Teatral da Agadic (Centro Dramático Galego): convocatoria

 CIRCUÍTOS DE ESPECTÁCULOS

 GALICIA ESCENA PRO 2022

-Selección de espectáculos e presentacións en formato pitching para a edición de 2022 de Galicia Escena PRO, do 6 ao 9 de xuño en Santiago de Compostela

Carteleira

<<   Maio 2022   >>
 
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 

 [26-maio-2022]

AINÉ PRODUCIÓNS
Santiago de Compostela

 [27-maio-2022]

CON DE TRES PÉS
A Coruña

 [27-maio-2022]

PÉREZ&FERNÁNDEZ
A Estrada

Catálogos interactivos

Films from Galicia
Shorts from Galicia

Galería

Vídeos

   Olladas