
[15/01/2021]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria da Xunta de subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego para 2021, que manteñen a súa dotación de 2,5 millóns de euros respecto a 2020 e consolidan deste xeito o incremento do 25% acadado nas bases das últimas axudas adxudicadas o ano pasado a 20 proxectos. Este investimento, que se distribuirá por concorrencia competitiva entre as propostas que presenten as produtoras galegas independentes, contribuirá ao financiamento de novos títulos de cinema e de televisión, tanto longas de ficción en imaxe real e animación, documentais e curtas, como películas e series televisivas. O prazo de presentación comeza mañá e esténdese ata o vindeiro 15 de febreiro. [+]
[12/01/2021]
A Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), circuíto de distribución de espectáculos promovido pola Xunta de Galicia, ofrece para este primeiro semestre de 2021 unha intensa actividade escénica e musical con 334 actuacións de 114 compañías programadas en 45 escenarios de 40 concellos galegos e unha inversión total en contratacións que supera o millón de euros. [+]
[11/01/2021]
O Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta de Galicia, estrea este xoves 14 de xaneiro a súa primeira produción propia da actual temporada, O charco de Ulises, un espectáculo de gran formato dirixido por Santiago Cortegoso e Marián Bañobre, que marca ademais o inicio dunha nova etapa na compañía teatral pública a través dun modelo de traballo con cambios substanciais nas dinámicas de produción e distribución cara a reforzar o seu papel como motor escénico galego a partir da crise sanitaria. [+]
[05/01/2021]
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) inicia o vindeiro xoves a súa primeira carteleira de 2021, ano no que a cinemateca da Xunta celebrará o trinta aniversario da súa inauguración o 15 de marzo de 1991. Durante este mes de xaneiro, programará 18 sesións na súa sede da Coruña, entre as que destaca a primeira parte dunha completa retrospectiva do icónico director hongkonés Wong Kar-wai, ademais da continuación do ciclo que lle está a dedicar ao cinema negro de Robert Siodmak. [+]
[02/01/2021]
Os circuítos de espectáculos escénicos e musicais promovidos pola Xunta, en colaboración con 158 concellos e 39 espazos privados de toda Galicia, sumaron en 2020 máis de 1250 citas culturais e un investimento conxunto superior aos 2,5 millóns de euros. Desta contía, un 62% foi achegado directamente pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través do seu departamento de Industrias Culturais para o desenvolvemento das programacións da Rede Galega de Teatros e Auditorios, Cultura no Camiño +, Rede Galega de Música ao Vivo, Rede Galega de Salas, Danza 3 e Directos Xacobeo en Salas. [+]Avisos
AXUDAS AGADIC 2021
-Subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego: convocatoria
DANZA
PLAN DE REACTIVACIÓN FRONTE Á CRISE DA COVID-19
-Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19
Carteleira
Vídeos
Olladas
|
|
|