Avisos
-Convocatoria para novas admisións de salas na Rede Galega de Música ao Vivo
A lei 4/2008, de 23 de maio de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) establece no artigo 5, que é función da Agadic promover a distribución dos produtos culturais dentro e fóra do noso pais, fomentando a captación de públicos e facilitando o acceso da cultura a novos mercados.
A Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) créase no ano 2007 como un dos instrumentos da Agadic para promover a distribución de grupos musicais en salas de música ao vivo co fin de dotalas dunha maior estabilidade na súa programación.
Tendo en conta estes obxectivos e segundo a súa disposición orzamentaria, a Agadic abre unha convocatoria pública para a admisión de sete novas salas de música na programación da RGMV.
Primeiro. Beneficiarios e requisitos
Poderán participar nesta convocatoria salas de música de titularidade privada cunha programación estable de concertos de calquera xénero de música de dous anos como mínimo. Excluiranse deste ámbito as salas cuxa titularidade pertenza a asociacións ou entidades sen ánimo de lucro.
Requisitos:
- Estar dado de alta no imposto de actividades económicas (IAE) no epígrafe correspondente no vixente exercicio 2013.
- Ter sede, domicilio social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia
Segundo. Criterios de valoración e baremación
A inclusión de sete novas salas na Rede Galega de Música ao Vivo virá determinado segundo un sistema de puntos a outorgar en función dos seguintes criterios:
1. Programación
1.1 AFORO DA SALA | ||
Menos de 50 persoas | Entre 50 e 150 persoas | Máis de 150 persoas |
5 puntos | 10 puntos | 15 puntos |
1.2 NÚMERO DE SALAS RGMV NA LOCALIDADE | ||
1 sala por localidade | 2 salas por localidade | Máis de 2 salas por localidade |
30 puntos | 20 puntos | 10 puntos |
1.3 ANTIGÜIDADE DA SALA |
2 puntos por ano de antigüidade ate un máximo de 20 puntos |
2.4 CONCERTOS PROGRAMADOS NAS SALAS NOS ÚLTIMOS 2 ANOS | |||
Entre 10 e 20 concertos | Entre 21 e 49 concertos | Entre 50 e 74 concertos | Máis de 74 concertos |
5 puntos | 15 puntos | 20 puntos | 30 puntos |
2. Infraestrutura técnica
2.1 SON | |||
Equipamento de son | Baixa calidade | Calidade media | Alta calidade |
P.A | 5 puntos | 7puntos | 10 puntos |
Monitores | 5 puntos | 7 puntos | 10 puntos |
Mesa | 5 puntos | 7 puntos | 10 puntos |
Microfonía e soportes | 5 puntos | 7 puntos | 10 puntos |
2.2 LUZ | |||
Equipamento de luz | Baixa calidade | Calidade media | Alta calidade |
Focos | 2 puntos | 4 puntos | 6 puntos |
Robótica | 2 puntos | 4 puntos | 6 puntos |
Mesa de control | 2 puntos | 4 puntos | 6 puntos |
Dimmers | 2 puntos | 4 puntos | 6 puntos |
2.3 VÍDEO | |||
Proxector de vídeo | Fóra do escenario | Cerca do escenario | Proxección no escenario |
2 puntos | 3 puntos | 4 puntos |
2.4 INTERNET | |
Conexión a Internet+ordenador |
+ 3 Mb e conexión wifi |
1 puntos | 2 puntos |
2.5 ACCESOS E CARGA/DESCARGA |
|||
Accesos | Malo | Regular | Bo |
3 puntos | 5 puntos | 7puntos |
2.6 ESCENARIO |
|||
Malo | Regular | Bo | |
Escenario | 10 puntos | 15 puntos | 20 puntos |
Espazo multiuso | 5 puntos | 10 puntos | 15 puntos |
Cameríns | 4 puntos | 6 puntos | 8 puntos |
Terceiro. Documentación a presentar
- NIF do representante legal da sala
- NIF do titular da sala
- Estatutos rexistrados da empresa
- Escritura de constitución
- Licenza municipal de apertura
- Declaración acreditativa da capacidade da sala
- Declaración acreditativa da antigüidade da sala
- Declaración acreditativa das actuacións programadas na sala durante os últimos dous anos.
Á marxe da documentación presentada referida ao apartado de programación, unha vez finalizado o prazo a Agadic enviará a todas as salas que presenten a documentación, persoal técnico propio para que avalíen a parte de infraestrutura técnica.
Cuarto.- Comisión de Valoración
Unha comisión de valoración nomeada pola dirección da Agadic examinará, por unha banda a documentación presentada polos solicitantes e por outra, a documentación técnica recollida polos técnicos da Agadic. A comisión estará composta polo Director da Agadic, que a presidirá, por dous vogais nomeados de entre o persoal da Agadic, e dous vogais propostos polas asociacións de Salas de Música ao Vivo existentes en Galicia Actuará como secretario/a, con voz e sen voto, unha persoa nomeada de entre o persoal da Agadic.
Examinada e valorada toda a documentación, elaborará unha listaxe de todas as salas coas puntuacións obtidas e serán admitidas na RGVM as sete salas con maior puntuación.
Quinto. Incorporación á programación
Unha vez notificadas as salas beneficiarias poderán incorporarse á RGMV no seguinte período de programación, en función do orzamento dispoñible.
Sexto. Solicitudes, prazo de presentación de documentación e prazo de resolución
As solicitudes para esta convocatoria poderanse presentar nos servizos, rexistros e oficinas da Axencia Galega das Industrias Culturais, nos rexistros da Comunidade Autónoma de Galicia, así como nos rexistros doutras administracións públicas, consonte o establecido no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O prazo para presentar ás solicitudes remata o 31 de xaneiro de 2014. A Agadic resolverá nun prazo máximo de cinco meses.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2013
Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais