Avisos
-Convocatoria para novas admisións de salas na Rede Galega de Salas
A lei 4/2008, de 23 de maio de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) establece no artigo 5, que é función da Agadic promover a distribución dos produtos culturais dentro e fóra do noso pais, fomentando a captación de públicos e facilitando o acceso da cultura a novos mercados.
A Rede Galega de Salas (RGS) créase no ano 2007 como un dos instrumentos da Agadic para incentivar a distribución de artes escénicas, a achega de novos públicos e estabilidade nas programacións habituais.
Tendo en conta estes obxectivos e segundo a súa disposición orzamentaria para o ano 2014, a Agadic abre unha convocatoria pública para a admisión de novas salas na programación da RGS.
Primeiro. Beneficiarios e requisitos
Poderán participar nesta convocatoria salas de teatro de titularidade privada cunha programación estable de artes escénicas . Excluiranse deste ámbito as salas cuxa titularidade pertenza a asociacións, entidades sen ánimo de lucro e fundacións.
Requisitos:
- Estar dado de alta no imposto de actividades económicas (IAE) no epígrafe correspondente no vixente exercicio 2013.
- Ter sede, domicilio social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia
- Licenza específica para o desenrolo da actividade.
- Ter un aforo non superior a 250 e non inferior de 50
- Estar dotada como mínimo dun camerín
- Ter dentro da planilla de persoal un técnico de sala, presente en todas funcións
- Contar como mínimo coa seguinte infraestrutura:
1. Espazo escénico mínimo: 25 metros cadrados
2. Altura mínima de 3 metros
3. Equipamento de luz:
No caso de iluminación convencional: 12.000W de potencia con acometida trifásica, 12 canais de dimmners, mesa de luces cun mínimo de 12 canais, mínimo de 15 proxectores de iluminación.
No caso de iluminación LED: 4.400W de acometida monofásica, 12 canais de dimmers, mesa de luces cun mínimo de 12 canais, mínimo de 15 proxectores de LED profesional.
4. Equipamento de son: mesa de son, reprodutor de CD, P.A., e monitores
Segundo. Criterios de valoración e baremación
A inclusión de novas salas na Rede Galega de Salas virá determinado segundo un sistema de puntos a outorgar en función dos seguintes criterios:
1. Programación
1.1 AFORO DA SALA | ||
50 espectadores | Entre 51 e 100 espectadores | Máis de 101 espectadores |
5 puntos | 10 puntos | 15 puntos |
1.2 NÚMERO DE SALAS DA RGS NA LOCALIDADE | ||
1 sala por localidade | 2 salas por localidade | Máis de 2 salas por localidade |
30 puntos | 20 puntos | 10 puntos |
1.3 ANTIGÜIDADE DA SALA |
2 puntos por ano de antigüidade ate un máximo de 20 puntos |
1.4 FUNCIÓNS PROGRAMADAS NA SALA NOS ÚLTIMOS 2 ANOS | |||
Entre 10 e 20 funcións | Entre 21 e 49 funcións | Entre 50 e 74 funcións | Máis de 74 funcións |
5 puntos | 15 puntos | 20 puntos | 30 puntos |
2. Infraestrutura técnica
2.1 SON | |||
Equipamento de son | Baixa calidade | Calidade media | Alta calidade |
P.A | 5 puntos | 7puntos | 10 puntos |
Monitores | 5 puntos | 7 puntos | 10 puntos |
Mesa | 5 puntos | 7 puntos | 10 puntos |
2.2 LUZ | |||
Equipamento de luz | Baixa calidade | Calidade media | Alta calidade |
Focos | 2 puntos | 4 puntos | 6 puntos |
Robótica | 2 puntos | 4 puntos | 6 puntos |
Mesa de control | 2 puntos | 4 puntos | 6 puntos |
Dimmers | 2 puntos | 4 puntos | 6 puntos |
2.3 VÍDEO | |||
Proxector de vídeo | Fóra do escenario | Cerca do escenario | Proxección no escenario |
2 puntos | 3 puntos | 4 puntos |
2.4 INTERNET | |
Conexión a Internet+ordenador |
+ 3 Mb e conexión wifi |
1 puntos | 2 puntos |
2.5 ACCESOS E CARGA/DESCARGA |
|||
Accesos | Malo | Regular | Bo |
3 puntos | 5 puntos | 7puntos |
2.6 ESCENARIO |
|||
Malo | Regular | Bo | |
Escenario | 10 puntos | 15 puntos | 20 puntos |
Espazo multiuso | 5 puntos | 10 puntos | 15 puntos |
Cameríns | 4 puntos | 6 puntos | 8 puntos |
Compañías asociadas á sala. A sala que teña una compañía de teatro ou danza asociada recibirá 5 puntos adicionais
Terceiro. Documentación a presentar
- NIF do representante legal da sala
- NIF do titular da sala
- Estatutos rexistrados da empresa
- Escritura de constitución
- Licenza municipal de apertura para o desenrolo da actividade
- Declaración acreditativa da capacidade da sala
- Declaración acreditativa da antigüidade da sala
- Declaración acreditativa das actuacións programadas na sala durante os últimos dous anos
- Declaración acreditativa de ter unha compañía asociada á sala.
Á marxe da documentación presentada referida ao apartado de programación, unha vez finalizado o prazo a Agadic enviará a todas as salas que presenten a documentación, persoal técnico propio para que avalíen a parte de infraestrutura técnica.
Cuarto.- Comisión de Valoración
Unha comisión de valoración nomeada pola dirección da Agadic examinará, por unha banda a documentación presentada polos solicitantes e por outra, a documentación técnica recollida polos técnicos da Agadic. A comisión estará composta polo Director da Agadic, que a presidirá, e por dous vogais nomeados de entre o persoal da Agadic. Actuará como secretario/a, con voz e sen voto, unha persoa nomeada de entre o persoal da Agadic.
Examinada e valorada toda a documentación, elaborará unha listaxe de todas as salas coas puntuacións obtidas e serán admitidas na RGS as catro salas con maior puntuación.
Quinto. Incorporación á programación
Unha vez notificadas as salas beneficiarias poderán incorporarse á RGS no seguinte período de programación, en función do orzamento dispoñible.
Sexto. Solicitudes, prazo de presentación de documentación e prazo de resolución
As solicitudes para esta convocatoria poderanse presentar nos servizos, rexistros e oficinas da Axencia Galega das Industrias Culturais, nos rexistros da Comunidade Autónoma de Galicia, así como nos rexistros doutras administracións públicas, consonte o establecido no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O prazo para presentar ás solicitudes remata o 31 de xaneiro de 2014. A Agadic resolverá nun prazo máximo de cinco meses.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2013
Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais