-Misión empresarial ao mercado Ventana Sur de Bos Aires

[23/10/2014] O mercado cinemnatográfico Ventana Sur celebrará unha nova edición en Bos Aires do 1 ao 5 de decembro. Como en anos anteriores, a Agadic -en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica e do Clúster do Audiovisual Galegopromove unha delegación de empresas galegas interesadas en participar neste evento. 
 
Para realizar a viaxe propóñense as seguintes datas:
 
-Saída de Galicia: sábado día 29 de novembro (escala en Madrid con saída ás 23:50 horas)
-Saída de Bos Aires: venres 5 de decembro ou sábado 6 de decembro, en función de prezos finais.
 
A Agadic asume o 50% dos gastos correspondentes á viaxe e ao aloxamento dun asistente por cada compañía. As acreditacións serán gratuítas para a delegación galega e débense realizar no formulario que aparece no enlace: http://www.ventanasur.com.ar/portfolio/acreditaciones/
 
Unha vez cumprimentado é preciso poñelo en coñecemento da Agadic a través do correo electrónico audiovisual.agadic@xunta.es