-Subvencións para producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego: resolución


[26/12/2014] A Axencia Galega das Industrias Culturais publica a relación de proxectos subvencionados e importes adxudicados ao abeiro da convocatoria do DOG núm. 153, do 13 de agosto de 2014, das bases das:

SUBVENCIÓNS PARA PRODUCIÓNS E COPRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS DE CONTIDO CULTURAL GALEGO
Convocatoria 2014. Relación de proxectos beneficiarios e importes concedidos
 

Mod. Produtora Título Total concedido Anualidade 2014 Anualidade 2015 Anualidade 2016
A1 Sun Lúa, S.L. We The Media 25.000,00 € 2.500,00 € 7.500,00 € 15.000,00 €
A1 Vía Láctea Filmes, S.L. Sicixia 260.000,00 € 26.000,00 € 78.000,00 € 156.000,00 €
A1 Frida Films, S.L. María (y los demás) 240.000,00 € 24.000,00 € 72.000,00 € 144.000,00 €
A1 Zeitun films, S.L. As mimosas 240.000,00 € 24.000,00 € 72.000,00 € 144.000,00 €
             
A2 Xamalú Filmes, S.L. Migas de pan 240.000,00 € 24.000,00 € 72.000,00 € 144.000,00 €
A2 Zircozine, S.L. Toro 240.000,00 € 24.000,00 € 72.000,00 € 144.000,00 €
             
C1 Zenit Televisión, S.A. Juana de Vega e a alumna da liberdade 260.000,00 € 26.000,00 € 78.000,00 € 156.000,00 €
C1 Portocabo TV, S.L. Os fillos do sol, a historia da creación de Zeltia 150.000,27 € 15.000,03 € 45.000,08 € 90.000,16 €
             
C2 Amanita Films, S.C. Os días afogados 40.000,00 € 4.000,00 € 12.000,00 € 24.000,00 €
C2 Producións A Fonsagrada, S.L. A seara 35.725,11 € 3.572,51 € 10.717,53 € 21.435,07 €
C2 Alfonso Vázquez Cortizo Poesía#Fronteira 26.247,73 € 2.624,77 € 7.874,32 € 15.748,64 €
C2 Formato Producciones, S.L. O ferry de Portodemouros 37.500,00 € 3.750,00 € 11.250,00 € 22.500,00 €
C3 Editora OQO, S.L. Cocorico 170.000,00 € 17.000,00 € 51.000,00 € 102.000,00 €
 
 
MODALIDADES
 
A.1.       Longametraxes de ficción ou documental de autoría galega que poñan en valor a diversidade cinematográfica de Galicia e os recursos creativos, artísticos e técnicos do audiovisual galego, posúan unha alta capacidade de internacionalización e o seu orzamento total non supere o importe de 1.200.000 €.
 
A.2.       Longametraxes que posúan un especial valor cinematográfico, cultural e social, fomenten o tecido industrial do sector audiovisual galego, teñan vocación de difusión e comercialización nacional e internacional e conten cun orzamento total de produción superior a 1.200.000 €.
 
C.1.        Longametraxes e miniseries televisivas de ficción de autoría galega, que promovan a cultura galega, empreguen e salienten os valores creativos, artísticos e técnicos do audiovisual galego e teñan un decidido propósito de difusión.
 
C.2.       Longametraxes documentais para televisión de autoría galega, e contribúan á difusión da cultura galega, a poñer en valor as manifestacións creativas e artísticas galegas ou aborden calquera aspecto da realidade social galega, pero sen empregar como principal instrumento a recreación de ficción.
 
C.3.       Series de animación infantil e xuvenil destinadas a ser emitidas por televisión que destaquen polo seu carácter innovador, fomenten a aplicación das novas tecnoloxías da produción e teñan unha clara vocación de comercialización a nivel nacional e internacional.
 
 
COMISIÓN DE VALORACIÓN
 
Presidente: Jacobo Sutil Nesta
 
Vogais:
Montserrat Besada Vergara
Enrique Costa Ríos
Guillermo Antonio Represa del Río
Jaime Pena Pérez
 
Secretaria: Mª Dolores Meijomín Rodríguez